Dom, 25 Out 2009, 21:30
Asunto: Re: Carreira pedestre de Santiago 2009
As carreiras, TODAS, son un compendio de:
- Participación ( cantidade e tipoloxía de corredores)
- Beleza do percorrido (ben sexa urbano ou rural, asfalto, ou terra, pedra)
- Percorrido
- Climatoloxía
- O QUE SUPOÑEN SUBXECTIVAMENTE, CUALITATIVAMENTE, NO INCONSCIENTE, NA NOSA HISTORIA ATLÉTICA.
Escribín en máiúsculas o último aspecto, porque é determinante.
Hoxe do Pato Blanco Celanvova, por lesións, problemas persoais e doutro tipo só fomos 9 corredores da partida.
Ambientazo, moito calor, moita humidade, e as costas (da saida, de Santiago de Chile, da saida do Campus, de Vite) non se suavizan cos anos.
Resumo:
Quén compite cos 2 últimos quilómetros desta prova? As sensacións que - a mín polo menos - temos desde que se deixa o chapapote, e se entra por San Roque na Compostela histórica, ata a meta do Obradoiro son incomparables.
Todos podemos e temos motivos para ser críticos coa auga, cos funiles na entrega dos chips,... pero cada ano somos máis. Hoxe eramos moitos moitos de Nuestro Señor.
O peso inconsciente destes máis de 30 anos que só comparte co San Martiño e o entorno no que se desenvolve, danlle un xeito singular e medra, medra, medra...
Correr pola capital do país, con xente de todas as latitudes da península, de todalas idades, de todas as constitucions físicas, con moitas mulleres (moitas máis ca en ningunha prova de Galiza), dalle para mín esta forza.
A carreira é un reflexo de Compostela, aberta, cosmopolita, diversa, complexa, informal e chea de frescura nas reaccións de corredores e veciños
Agora ben, algún que traballe en El Correo Gallego ou coñeza, podería ler neste foro as ducias de suxerencias que lles permitirían mellorar para 2010.
Vémonos no San Martiño, ou en Negreira...