Mér, 28 Out 2009, 9:23
Asunto:
Pois a miña experiencia foi semellante a de
aninme
Sufrir para chegar nun tempo pésimo pero orgulloso de non retirarme
Chego dos ultimos á saída e alí atópome cun corredor coa camiseta de correrengalicia
era MarioeIsa, encantado de coñecerte, un pouco de cháchara e arrancamos
A saída un lentorra pois o camiño era estreito, debín tardar uns 8 minutos en facer o primeiro km.
O percorrido durante 6 km discurria polo centro de Bilbao, unha gozada correr con tanta xente animando, ambiente "festivo" entre os corredores que aínda vamos frescos bromas risas e demais.
Entre o km 9 e o 17 vou cun corredor de bilbao e unha corredora madrileña ( por certo poucas mulleres nesta carreira) . Estos km foron os mellores da carreira, sobre todo pq nese tramo de polígonos ir só podía se un auténtico inferno
Sin acelerar separome deles e chego a media maraton en 2h 03, un pouco por riba do tempo previsto pero confiado en rematar sen sufrir...
Avituallamientos de pena
auga auga e máis auga!
Non vin comida algunha en ningún e no km 22-23 estaban recollendo os powerades do chan para darnolos de novo
. En fin, eso é reciclaxe e optimización de recursos...
Pasan os km e no 28 comezan os problemas, as pernas non ían e cada vez baixaba máis o ritmo. Decido entón que no km 30 paro a camiñar e beber pero o km 30 non da chegado. Maís ou menos foi aiqui cando adianto a
MarioeIsa ( que tal remataches?) ao mellor volvivchesme adiantar e nin te vin co paxarraco que levaba enriba!
Para no avitullamiento camiño e bebo, volvo vorrer pero CRACK! as pernas teñen vida propia e non dou corrido máis de dous minutos seguidos!!
VAYA INFERNO !!! asi durante 12 km ou 1h 40 aproximadamente!!!
km 37 nauseas se corria máis de cen metros seguidos. Os lagrimós asomandome pola frustración de ver que aquelo non acababa e o meu corpo cada vez sentía novas dores!!
Acabei contando os pasos que era capaz de correr sen ter que pararme!
O mellor deste suplicio o vo rollo entre os corredores que iamos tocados,
agora adiantote eu, agora adiantesme ti!
E por suposto os ánimos da xente que andaba polas rúas do centro que sempre tiveron palabras de ánimo.
Tamén destacar o traballo da xente que señalizaba o recorrido que tiveron que aguantar unha boa molladura.
Ao final rematei a proba cun tempo de 4h 36 min, moi frustrado e con ganas de tirar as zapatillas á ria.
Agora despois de tres días e cando os múltiples dolores que tiven comezan a desaparecer, xa estou maquinando a vinganza contra eses 42 km e pico que as veces tanto nos obsesionan.
AGUR BILBO!