Dom, 14 Dec 2008, 16:01
Asunto: Re: Subida a O Castro
Moussambani escribió: |
yo me acerqué ayer a ver la prueba, estaba en la meta, y la verdad es que en comparación con la prueba del año pasado, este año poquita gente...el primero hizo 09'08", me parece que se apellida "Sobrado".
Sí que me di cuenta que alguna gente hizo esta prueba, y a la tarde hizo la carrera de Pereiro.
saludos |
Gracias MOUSSAMBANI.
Acabo de enciontrar una breve cronica en vigosport....
ANTONIO SOBRADO IMPONSE NA III SUBIDA AO CASTRO
Antonio Sobrado Fernández, atleta independente nado en 1968, gañou a III Subida ao Castro, en Vigo, empregando un tempo de 9 minutos e 9 segundos en cubrir o duro percorrido ascendente que comezaba nas Avenidas e remataba no castelo de San Sebastián logo dunha morea de chanzos e 1.800 metros.
O segundo clasificado foi Daniel Vila Combarros, tamén independente, da quinta de 1978, con 9'18"; terceiro, Gilberto Costas Penedo, do San Miguel de Oia, nado en 1991, con 9'21"; cuarto, Rubén Fraga Costa, independente de 1980, 9'22"; e quinto lugar para Ángel Matías Pereira, tamén independente, nado en 1976 e que marcou un tempo de 9'56".
A primeira muller foi Paula Mariño Gonda, atleta do Celta no posto 38º e que tardou 11' 44" en facer o percorrido; a segunda, a veterana Montserrat Carreira Costas, do Comesaña, 12' 45" e 49ª na xeral; e a terceira, Almudena Costas Penedo, con licenza do San Miguel de Oia, 13' 28" e 63ª na xeral.
En total, chegaron á liña de meta 84 atletas, o derradeiro deles nun tempo de 22' 55".