Xov, 22 Xuñ 2006, 8:11
Asunto: EXITO
Aos efectos oportunos, e por tratarse dunha carreira organizada con ilusión por moitos amigos e veciños, debo respostar ás seguintes palabras:
"es un poco triste ver el desplazamiento que habéis sufrido los clásicos foristas puristas de las carreras. Ya ves, comentarios propios de carreras y temas serios apenas tienen éxito ni comentarios".
1º.- O meu obxectivo non é o éxito. E simplemente que o maior número de corredores populares de Galiza e de fora de Galiza saiban da existencia dunha fermosa carreira no pobo de Celanova.
2º. - O que suscribe nunca fixo ningún comentario "de purista" porque é unha persoa limitada en coñecementos e capacidades atléticas como para facelos. Falei só e sempre desde a experiencia persoal, e moitas veces equivocada.
3º.- O termo "serio" pode ser positivo, negativo ou neutro. Claro que é serio organizar, e ao mesmo tempo divertido participar nunha carreira popular.
4º.- En todas as miñas intervencións sempre foron valoradas positivamente e de xeito casi inxénuo as carreiras ou provas nas que participei, sobre todo as de pobo, sin ningún atisbo de desprecio, censura, e caña aos organizadores.
5º.- O foro é un lugar de encontro, diversidade, opinión e respecto polos demáis participantes. Todas as aportacións son valiosas e supoñen algo positivo....
Por último, animarvos unha vez máis a que veñades o sábado a Celanova disfrutar dunha carreira singular e con encanto.