Dom, 01 Nov 2009, 23:12
Asunto: regulamento da carreira popular de carral 2009
¡¡Ola a todos!! a XXI Carreira Popular de Carral, xa está aquí, o vindeiro 15 de novembro no Campo da Feira de Carral, esta é unha experiencia que non debes deixar pasar, si che gusta a natureza e o deporte esta carreira é unha mezcla perfecta, a súa dureza tamén é unha característica do seu percorrido cheo de subidas e baixadas polos arredores do concello de Carral e do concello de Culleredo.
Queremos animarvos a participar e aclarar as posibles dúbidas que teñades. Aquí vai o regulamento corrixido xa que houbo algún erro e a xente no foro estaba empezando a confundirse, para calquer cousa que precisedes, o noso correo é a mellor vía: milepico @ hotmail.com, moitas gracias pola vosa atención, un saúdo e moita sorte.
_____________________________________________________________
XXI CARREIRA POPULAR DE CARRAL
REGULAMENTO
1. A carreira celebrarase o vindeiro domingo 15 de novembro. O comezo está previsto para as 12h da mañá (as categorías inferiores empezarán 15 min antes aprox.).
2. As inscripcións realizaranse por mail milepico @ hotmail.com ou no teléfono 625 404 005; ou ata media hora antes do comezo da carreira na zona de saída. Para que a inscripción sexa válida haberá que deixar os seguintes datos (nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade e clube (no caso de pertenecer a algún).
3. No momento da inscrición a organización facilitará un dorsal así como os medios para que estea visible durante toda a carreira. Os corredores que se inscriban previamente, deberán recoller o seu dorsal no punto de inscrición 15min. Antes da proba.
4. A liña de SAÍDA, de META e o punto de inscricións estarán situados no Campo da Feira de Carral.
5. A organización establecerá as seguintes categorías (tanto masculino como feminino).
Nados nos seguintes anos: Prebenxamín, Benxamín (00-01), Alevín (98-99)Infantil (96-97), Cadetes (94-95), Xuvenís (91-93), Promesa (87-90), Absoluto A (73-86), Absoluto B (60-72), Veteranos (44-59), Superveteranos (antes do 43).
6. O percorrido será distinto segundo as distintas categorías.
A categoría prebenxamín realizará un percorrido de 300m-400m polo Campo da Feira).
Circuito pequeno: 1.800m (as categorías benxamín e alevín darán unha volta ó percorrido ,e as categorías de infantil e cadete deberán dar dúas voltas mais info o día da careira).
Circuito grande: 8.700m para o resto das categorías.
7. A organización, establecerá os puntos de control e avituallamiento ó longo do percorrido.
8. A organización, premiará cun trofeo ao primeiro, segundo e terceiro clasificado de cada categoría. Ademais, todos os corredores/as que rematen o percorrido, serán agasallados pola organización cunha camiseta, ata remate de existencias.
9. Os corredores, serán acompañados por alomenos dous vehículos da organización, un irá abrindo e outro irá pechandoa.
10. A entidade organizadora, a A.X. Mil e Pico non se fai responsable dos danos que se poidan causar ou causarse os participantes.
11. Todos os participantes, polo mero feito da súa inscrición aceptan este regulamento.
ASOCIACIÓN XUVENIL “MIL E PICO”
Campo da Feira s/n CARRAL cp.15175
CIF: G-15066103
Tlfn. 981 672 222
milepico @ hotmail.com
Última edición por milepico o Dom, 15 Nov 2009, 1:16; editado 7 veces