Xov, 05 Nov 2009, 8:32
Asunto: Re: XXI Carrera Popular de Carral (15/11/2009)
Aínda que esta é a XXI edición da Carreira Carral, hai máis de 21 anos que se celebra esta carreira, pois eu xa a corrín no ano 84. Naqueles anos a iniciativa da Asociación Milepico era verdadeiramente innovadora. Organizaban un concurso de carteis e o que resultaba gañador era o cartel da proba e aparecía nas camisetas, (lembro a imaxe do vello co bastón correndo). Tamén entregaban un diploma a tódolos participantes, aínda gardo un tamaño póster cunha imaxe futurista. A carreira era e é unha proba clásica das que se celebran na Coruña. Daquela a data da proba sempre coincidía no mesmo fin de semana, e un ano presentáronse varios corredores dispostos a facela, cando a súa sorpresa foi que a directiva da Asociación, creo que debido a diferenzas entre eles, suspendera a carreira, entón o que fixeron os corredores foi unha manifestación atlética polas rúas de Carral a modo de protesta. O trato sempre foi exquisito, máis tendo en conta que a organización é unha Asociación Xuvenil. O percorrido non variou, agás a saída que antes era onde hoxe en día é a chegada, xusto enriba da praza e se baixaba por unha rampa que foi substituída polas escaleiras. Foron moitos e grandes atletas os que acudiron a participar nesta proba, García Gendra, Carlos Iglesias, Gilberto Cotelo, Ramón Serantes, Joaquín Dosil, Varela Calviño, etc., eran eses anos nos que o correr unha proba destas características tiña o seu prestixio entre os corredores populares, e os grandes atletas valoraban máis o contacto cos populares que os premios en metálico.