Xov, 05 Nov 2009, 11:28
Asunto: Ojordo, estamos contigo!
Malos momentos os que está a pasar o noso compañeiro, Miguel Paz Dans "
Ojordo".
Esta mañán enterámonos do falecemento da súa nai.
Algúns terán vivido esa mesma experiencia, pero penso que todos sen excepción, decatarémonos da inmensa tristura que ten que estar a pasar o noso compañeiro.
Así que desde aquí, Miguel, en nome de todos os correlegas de CenG, decirche que "Estamos contigo".
Ás veces as verbas poden ferir, pero outras ser un bálsamo. Espero que neste fío se volquen verbas que che poidan servir de alivio nestes intres tan duros.
Unha aperta.
PD: O velatorio é en Servisa (Tanatorio frente ó Juan Canalejo), Planta Baixa, Sala 4.