Ven, 06 Nov 2009, 21:17
Asunto: Re: se me estropean los auriculares
Despois de ler os mensaxes, e facendo memoria, me vexo na obriga de facer algo de "publicidade".
Eu tiña o mesmo problema que misuer, os auriculares duraban pouco e non paraba de mercar diferente modelos ata que sucumbí a unha tolemia que me deu alá polo 2004 e merquei uns Bang&Olufsen na tenda da Coruña; cando me dixeron o prezo quedei un pouco "flipado", pero os collín. Ata que lín esta consulta non lles fixen demasiado caso, pero o certo é que levan conmigo dende aquela e sin un problema. Xa fixen catro maratóns con eles ( sendo dous de montaña ), aparte das miñas tres ou catro saídas semanais a correr, con chuvia, frío, calor, etc...
Pois iso, que de agora en adiante tereille máis cariño, e disfrutarei de eles.
Un saúdo.