Dom, 22 Nov 2009, 18:09
Asunto: Re: I Medio Maratón Ibercaja Cidade de Vigo
Básicamente estou de acordo coa meirande parte das opinión aquí verquidas sobre a carreira de hoxe. A falta de ter os resultados (cousa que, vindo de quen ven a cronometraxe pode dar serios problemas... e me remito a experiencias anteriores) a miña opinión é maioritariamente favorable á organización da carreira.
- Percorrido chairo 99,9% (e as pequenas "
tachuelas" que hai non chegan ao 0'25% de pendente)
- Saida bastante ben, salvo que faise un pouco estreita. Xestionar menos de 300 corredores é relativamente doado pero dubido que con 800 ou 1000 pasase o mesmo.
- Entrega de dorsais rápida e eficaz co fallo de non ter ao mesmo tempo os chips que a bolsa de corredor (pero podo comentar o mesmo que no punto anterior. Eramos poucos corredores e así é doado de xestionar o tema)
- Bolsa de corredor: ben a revista, o dorsal e as novidades comentadas nun papel, pero a camiseta de algodón bastante bó pero non vale para lucir... só leva patrocinadores e colaboradores... para facer propaganda de entidades diversas ben, pero nada máis.
- O traballo da policía local bastante ben... salvo que ó final puxeronse algo "
facilóns" con algúns conductores.
- Na derradeira volta os kms. correspondentes non estaban marcados e a auga esgotouse.
- O tempo acompañou (pero iso non creo que sexa imputable á organización) porque non choveu pero soplou arreo (sobre todo na derradeira volta onde as forzas xa non son as mesmas

)
- As famosas duchas no Náutico deixaron bastante que desexar. Tendo como teñen duchas na piscina e (supoño) no ximnasio, mandaronnos a unha especie de pavillón náutico non extremo dun muelle a pelexar por un hoco. Eu, finalmente, decidín marchar para casa... e repito o mesmo que nos primeiros dous puntos... se a carreira continúa e ten máis edicións é de supoñer que aumentará o número de participantes e haberá que xestionar máis duchas en mellores condicións.
- Aparcamentos: na zona hai abundancia de prazas de aparcamento de pago... e algo menos gratis.
Polo que respecta ás miñas sensacións teño que decir que moi favorables... como que fixen marca persoal (1 h. 37' e poucos segundos) relativamente empañada porque a distancia non está homologada... a ninguén lle chega a distancia medida polo Fore aos 21 kms. ... así que non son de extrañar os tempos tan bos (como pasa na Media de Ferrol

).
Saín rodeado dos compañeiros de equipo (
C.A.R. Marisqueiro) coa idea de ir en grupo boa parte da carreira para axudarnos a Canido e máis a min a facer marca... pero na segunda volta quedeime só co compañeiro
Mincha, o meu marcapasos particular, que me levou como dios manda... de menos a máis... empezando a carreira a ritmos próximos aos 4'45''/km e rematando os derradeiros 5 a ritmos ainda máis rápidos... sobre 4'30-35''/km. O meu meirande agradecemento aos compañeiros de equipo, pero especialmente á laboura e ao apoio de
Mincha... todo un crack

que se sacrifica por axudar aos compañeiros e vixía os ritmos, se preocupa de coller auga, de taparche o vento

... en fin, unha gozada ir con él.
Ao principio dubidaba sobre as miñas posibilidades de aguante... ainda que fixen unha maratona hai dúas semanas non estou afeito a ritmos tan rápidos... pero xa vexo que o fondo que conquerín para esa proba axuda a aguantar e aguantar ainda que sexa a ritmos sustancialemente máis altos... haberá que aproveitar o estado de forma
Sobre os foreiros, un pracer enorme saudar aos xa clásicos (
Beauvais,
Mincha,
Aguita,
Canido,
Khene,
Yonathan,
Homedenejro,
Estremeñeiro,
Ezeq,
Safardatxo,
Aurora e
Epelper,
Kurty,
Moussambani,
Xabi,
Cheetos,
Telmocho) e coñecer a algúns (para min) novos como
Germanmd,
Tintín,
Pájaro-Azul e algún máis que seguramente esquezo. Un pracer ter ao colega Irdam dando mostra de ter cabeciña e descansando a súa rodilla para futuras ocasións... ¡ánimo compañeiro! Xa sabes... recupera ben, que a maratona non é unha broma.
Unha magoa non ter coincidido co compañeiro
Bubela, co que me gustaría ter falado algo, pero terá que ser noutra ocasión

e máis magoa ainda non ter recoñecido a
Northern... a ver cándo se nos presenta o home éste... que non comemos a ninguén ainda que pense radicalmente distinto a nós... e amosemos as nosas diferentes opinións neste foro.
A vindeira semana igual me apunto a Pontevedra... todo depende da recuperación da carreira de hoxe... xa vos contarei