Dom, 29 Nov 2009, 22:52
Asunto: Re: Medio Maratón de Pontevedra 2009
Estou realmente emocionado coa carreira de hoxe entre outras cousas porque reafirmei a confianza nas miñas posibilidades de mellorar marcas... o fin de semana pasado na
MM Cidade de Vigo fixera mellor marca na distancia gracias a que os compañeiros do
C.A.R. Marisqueiro tiraron de min en todo momento e me axudaron moral e psíquicamente, pero hoxe fomo cada un ó seu e o meu temor era non ser capaz de me adaptar ó ritmo de outros corredores... a ir só e non ser capaz de manter a forza precisa durante a carreira, pero non foi así.
Cando vin ao lonxe a
Epelper e a súa dona,
Aurora, dixenme que adoitan levar un ritmo algo máis alto que o meu pero que podía ser asumible e a eles me peguei ata o km.4, pero iban forte demais para min e me afogaba, me doían os tibiais, tiña un punto... en fin... que baixei apenas 3 ou 4 segundos o ritmo e seguin buscando unha lebre... e non foi ata o km.6 que atopei un grupiño no que ir cómodo e a unha velocidade homoxénea... e do grupiño unha "
rapaza de negro" especialmente levaba un ritmo máis acorde co meu. Con ela fun ata o remate da primeira volta, momento en que se foi quedando atrás irremisiblemente.
Outra vez "sozinho" no mundo... e volta a buscar unha referencia. Aferrome a un grupo que me acaba de pasar, e de súpeto vexo a 100 metros a
Epelper e
Aurora outra vez, pero vexo que non van ben... e ó cabo de pouco xa os pillamos. Ela respira mal e ainda que me gustaría quedarme levo unha marca en mentes e xa iba xusto de tempo así que os saudo e sigo adiante.
Nos derradeiros kms. vou con dous corredores e a falta de 3 un deles marcha cara adiante e quedamos só dous... baixamos a rúa Real a toda mecha e case nos levamos por diante unha velliña que saía dun recuncho co paraugas e sen ver... nos derradeiro km. subo un pouco máis o ritmo e xa na pista deixo todo o que quedaba por gastar e ainda adianto un par de corredores... o crono pasa un pouco de 1 h. 38' e comeza a cair unha verdadeira granizada e acelero o paso... alzo a vista ó ceo e acórdome do meu abó, o mariñeiro do Gran Sol que faenaba con días peores para manter ás súas filliñas... historias que che veñen á mente por culpa dos concertos dos amigos.
Agora a crítica para o meu amigo o
Sr. Touza (que se preocupou por nós como un auténtico anfitrión e leva máis de dous meses sen parar para que todo saira tan ben como ó final saíu):
- Percorrido case chan de todo (dúas costas na zona nova e pouco máis que sinalar) e rápido.
- A parte do Campus faise algo máis aburrida pero como non é moi longa levase bastante ben.
- Kilómetros ben sinalados ainda que algún se me pasou.
- O peche ó tráfico PERFECTO e se os pontevedreses son capaces de aguantar media mañan de domingo sen coche esta M.M. pode ser a mellor de Galicia.
- O remate no CGTD non ten prezo... eses 350 metros finais son o soño de calquera corredor.
- A bolsa de corredor completa (dúas augas, coca cola, mazá, plántano, laranxa, kit kat) ainda que unha isotónica sería mellor que a bebida con gas.
- Camiseta técnica dun color orixinal e chamativo ben xeitosa.
- Atención na recollida de dorsais e remate de carreira perfecta.
- Duchas abondo con auga quentiña que daba gusto... sobre todo despois do frío que papamos... non conseguín desatar os cordóns das zapas porque os tiña ateridos e tesos.
- "Voluntarios" nos puntos de corte de tráfico estupendos.
- Sobre as voltas e reviravoltas non entro a falar, porque son inevitables as máis das veces.
- Sobre os premios tampouco porque como nunca accedo pois tampouco opino.
... e un detalle que aos que non tedes fillos pequenos se vos pasou... na cafetería do pavillón había un pequeno parque infantil para que os cativos que acompañaban aos seus pais/nais corredores/as puidesen pasar esa hora e pico sen aburrirse nen mollarse... unha grande iniciativa, sí señor!!! En Vigo a semana pasada montaron un inchable (en galego é sen "h") pero co vento e a choiva non se puido aproveitar... nembargantes este pequeno parque de hoxe en Pontevedra sí.
Puntuación final:9'5 e darlle moitos ánimos á organización porque lidiar ano tras ano cos políticos e a Policía Local debe ser unha laboura moi ingrata.
Polo demais, un pracer volver a atopar vellos coñecidos do foro:
Marola,
Aficionado,
Picapiedra,
Jabelo ainda que foran dar un "paseo" (bueno... o que para eles é un paseo), a outros cos que apenas crucei un sorriso,
Castiñeiras, e atopar e coñecer a outros como
Korrekorreketepillo ou
Runnervago (que de vago non ten nada... bueno sí... porque chegou tarde
). Se esquezo a algún que non se moleste... xa sodes demais para a miña cabeza chorlito
Última edición por banderas o Dom, 29 Nov 2009, 22:58; editado 1 vez