Sáb, 05 Dec 2009, 21:44
Asunto: Re: XI Carreira Pedestre Lestrove-09
Algo tolos si que estamos, pero hasta Lore se animou a correla, fai dous anos Lore nin sequera estaría en Lestrove pero os tempos cambian (flip tamén tivo algo que ver) e sobre todo, esto de sufrir algo ten que engancha, porque repito, non e facil entender como habia tanta xente hoxe en lestrove, bueno si, sabemos que Lestrove merecia que acudísemos a sua carreira, e a verdade que el se portou, e as pasou canutas, o único pero foi como dician por aí, que deixaron os pequechos un pouco abandonados a auga sen dar a salida, pero tanta auga desesperaba a calquera, outro pero foi a tardanza na entrega de trofeos (xa o dixen en outras ocasións, e a pesares de ter amigos dentro da federación, considero que nos tempos que andamos, a federación, debería contar con outros medios), polo resto, perfecto Lestrove, xa podes dormir tranquilo, bo traballo, e para o ano penso repetir. Polo que dixo Yomismo, Santa ia no noso grupo, e a pesares de cruzar unhas palabras con el en Pontevedra non me dei conta quen era ¿eras o que chegou xusto diante ou xusto detrás de min. Creo que fixemos un moi bo traballo os tres hoxe, e gracias sobre todo o chaval que quedou diante miña polo traballo en contra do aire. Felicitar a aficionado que, pareceme a min que xa non vai ter espacio na casa con tanto trofeo, noraboa campeón.
Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.
Última edición por gallego o Sáb, 05 Dec 2009, 22:15; editado 1 vez