Xov, 10 Dec 2009, 14:37
Asunto: Re: IV SUBIDA O IROITE - 1 DE XANEIRO DO 2010
Eu creo que non é para tanto CesGti, de tres edicións eu participei en dúas, unha vez fun subcampión e dúas último clasificado e aquí me tes, tan pancho.
A carta magna da subida:
1º Non é obrigatoria a participación. O que queira vir que veña e o que non, pois que non veña; o dijo porque en outras probas si que parece obrigatoria a participación, por ejemplo, na pedestre de Santiago; ai xente que en todo ano non participa nin adestra, pero cheja a pedestre e vai, adestra 20 días antes, participa e non volta a correr ata o ano que ven, xa podes organizarlle unha carreira no seu pobo con todo amor e cariño que non, que a Santiago voy, ligerito.
2º Non é benéfica, eso non impide que non sexades solidarios, sobra donde dar cartos para xente necesitada e ainda o que é máis importante, tamén podedes doar parte do voso tempo en axudar a esas organizacións, están ahi, o voso carón.
3º Non esta organizada nin avalada por ningún famoso, pero podedes vir ijoal; tanto barbanzon como eu mesmo estamos encantados de sacar fotos con vos e facer garabatos nun papel.
4º A páxina oficial da kedada é esta, non ai outra. Os que vaian a vir que o dijan no foro.
5º A saida darase as 11 h. en punto no alto de Moimenta, que esta estrada que vai de Boiro a Noia ou viceversa. Non se esquecer da data, o 1 de Xaneiro do ano que ven.
6º Non fan falla inscripcións, aparecer e punto. Tampouco imos dar dorsais, o que queira dorsal que o traia da casa. En canto os datos persoais, a organización confía plenamente en que os participantes saben como se chaman e donde viven, si aljún ten dudas que llo apunten nun papel antes de sair da casa.
7º Este ano temos autobús para baixar, grazas o Concello de Boiro. Dito autobús ten 55 prazas, si se cubren as 2000 que é o número máximo que ten establecida a organización para a kedada, non ai problema, tamén imos ter unha furgoneta cedida pola empresa Ecoplas S.L., polo tanto tranquilos, si non tendes sitio no autobús facemos dúas viaxes ca furgo.
8º Trofeos: en plural, si, temos dous, un para o primeiro home e outro para a primeira muller, eso non significa que todos os participantes non vaian a ter a súa copa. A organización da kedada estima oportuno que todos os participantes teñen dereito a unha copa e a van ter. Tamén por cortesía de Ecoplas S.L.
9º ¡Ollo!
Premio “Lentoperosejuro” o mellor participante disfrazado, rico, rico, rico…o premio, non lentoperosejuro; pois eso, que non falte carallada.
Sirva este premio como homenaxe a lentoperosejuro, un bó atleta, un gran foreiro e unha mellor persoa….ou eso din.
10º ¡IMPORTANTE!. Traer muda de roupa e calzado, incluso toalla, o máis normal é que chova, vente e faga frío, sobre todo arriba, polo que, ides ter a vosa disposición antes de dar a saída, a furgoneta de Ecoplas, S.L. para deixar ali a mochila e poder cambiarse de roupa arriba.
11º O percorrido. Son 9 km. Chans chans como a Limia non son, pero tampouco é Trenvica, unha cousa intermedia, eso si, a dificultade é a mesma do ano pasado.
12º Non esta cortado o tráfico, ¡coidado!, de todas formas, tráfico tráfico tampouco ai moito, nas tres edicións que levamos, dous coches en total baixaron pola estrada, en calquer caso, precaución, non ir como tolos, e non levar a nadie por diante.
13º A saída e as 11 en punto e a baixada a temos prevista para as 12.10. Dispois desta hora baixamos, si ai algunha persoa que non finalizaou ten dúas opcións:
a) Seguir ata o final e facer a baixada tamén correndo.
Ser intelixente e subir o autobús que paga o Concello de Boiro ou a furgo de Ecoplas S.L.
A entrega de trofeos, copas e premios ainda non sabemos donde se vai facer, dependerá da climatoloxía, gustaríamos facela arriba, pero posiblemente sexa abaixo.
14º Admítense suxerencias, perros no.