Lun, 14 Dec 2009, 13:07
Asunto: II San Silvestre Compostelana
II SAN SILVESTRE LÚDICO-COMPETITIVA NA ALAMEDA COMPOSTELANA
A xente de Santiago organizamos o 30 de Decembro esta xuntanza para despedir o ano ó noso xeito. Esperamos que vos animedes a participar neste evento.
Regulamento.
1. O CARSantiago será o organizador deste evento deportivo-festivo.
2. O CARSantiago, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
3. Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e regulamentos que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5. Os atletas non participarán con dorsais tal e como ven sendo habitual neste tipo de eventos lúdicos-festivos-competitivos.
6. Non se vai utilizar CHIP nen ningún outro sistema de cronometraxe, pero así coma o ano pasado, tódos os que teñan Chip en propiedade e queiran vir con él, poden. Non vai servir de nada, pero parecerá unha carreira seria.
Por se algún está despistado: o finalizr a carreira non é necesario que devolvades os Chips (de ningún xeito ides saír na clasificación).
7. Todo corredor que: non realice o percorrido completo (sen unha excusa
aceptable coma : estaba cansado, espéranme na casa…etc),
que chegue á meta con dorsal ou ao entender dos xuices da organización cometa algunha irregularidade, será sinalado co dedo e despois abroncado por todo canto queira.
8. A saída será ás 21:00 h. dende a Porta dos Leóns no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelana.
Este ano sí estará cortado o tráfico rodado, como moito poderemos atopar o furgón que ven para poñelas vallas.
9. O percorrido será dar tres voltas o infinito (modificado) da Alameda. Todos os que sodes de Santiago sabedes de qué falamos. Distancia aproximada 5.852’32 metros. Intentaremos poñer canto antes o gráfico do percorrido.
As categorías menores darán só duas voltas o circuito, e non poderán optar os premios. Cando decimos categorías menores referímonos a atletas menores de 14 anos, non a xente baixiña.
Sería recomendable que tanto algúns veteranos da Alameda coma novatos estiveran media hora antes para facer un quencemento enseñando o percorrido a quén non o sepa. De tódolos xeitos non creo que ninguén se perda na Alameda…MALO SERÁ.
10. Como era de esperar, o percorrido non estará sinalizado en cada kilómetro, nin nada que se lle pareza.
11. Unha vez rematada a proba farase a entrega de premios.
AVISO: Os premios non son acumulativos.
A ORGANIZACIÓN ANÍMAVOS A PARTICIPAR.