Mér, 23 Dec 2009, 7:13
Asunto: Re: Nueva hoja para meter los entrenos del 2010?
Pois ahí van unhas capturas de pantaia de cómo o teño eu organizado.
É coma os servizos gratuítos que hai por internet para ir anotando os entrenos e competicións, pero coa vantaxe de que:
- é totalmente
personalizable e configurable ó teu gusto.
- reside no teu ordenador. Polo que
non hai que conectarse a internet.
A pantaia de inicio co acceso ás diferentes seccións:
na imaxe vese a explicación dos varios apartados.
AQuí para introducir un novo rexistro:
eu teñoo configurado para que si introduzo outro tipo actividade o sistema faga unha estimación do equivalente á carreira continua basandome no tempo e consumo enerxético. Para que apareza despois no gráfico.
Aquí a plantilla para meter os datos de entreno de running:
Pódense meter tantos tramos de entrenamento coma se queira. A imaxe só é un
exemplo.
E esto é o que se ve cando se introduce correctamente un rexistro na base de datos:
Sirve tanto para calquer sistema operativo. Necesitase:
- servidor web con soporte para páxinas
php. Hainos moi sinxelos e pequeniños para ocupar pouco espazo. Eu uso Apache, pero sirve calquera.
- servidor base de datos mysql. Tamén de descarga gratuíta.
Recomendable: phpmyadmin (interface web gratuíta para xestionar base datos mysql).
En linux vas ó xestor de software que corresponda ó teu sistema e buscas apache+mysql+phpmyadmin e en cinco minutos tes todo instalado e configurado. Hai paquetes
todo-en-un que simplifican o proceso (LAMP).
En windows creo que hai que ir instalando por partes, pero funciona igual.
Preguntádelle a google e veredes que é sinxelo
Se alguén está interesad@, que instale todo e despois pásolle a estructura da base datos e as páxinas web. Para ver os gráficos hai que instalar un complemento do servidor web, pero é algo opcional.
-- Chámame "ghose"