Xov, 13 Xul 2006, 13:35
Asunto:
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÃ?N NA III CARREIRA NOCTURNA â??CONCELLO DE VILAGARCÃAâ?, QUE SE CELEBRARÃ O 29 DESTE MES
Dende o martes, día 11, e ata o venres 28 de xullo, está aberto o prazo de inscrición na III Carreira nocturna â??Concello de Vilagarcía de Arousaâ?, organizada pola Fundación de Deportes. A proba celebrarase o día 29 deste mes, a partires das nove da noite, e terá a súa saída na Praza de Galicia.
A organización estableceu un total de 12 categorías, que percorrerán unha distancia variable en función da idade dos seus integrantes. Na categoría A, para os nacidos no ano 2001 e posteriores, a carreira será duns 100 metros, e a distancia irá aumentando progresivamente ata chegar ó máximo de 7.000 metros, que correrán os competidores das categorías H e sucesivas (nacidos no ano 1988 e anteriores).
Solo los genios somos modestos.