Lun, 04 Xan 2010, 11:23
Asunto: Re: CARSantiago
Amigos, a min dóeme todo...

. Xa non sei se me doe polo cros, sobre todo pola area (teño os xemelgos cargados de carallo), polo partido de tenis do sábado (foi máis longo do previsto e acabei as 10 + ou -. e doenme os hombros, o cóbado...en fin todo). E como pasei ronda hoxe xogo as catro, creo que vou parecer Robocop.
O que iva, que non escribín para contarvos as miñas penas: esta semana é unha semana atípica: o día de reunión é festivo!!!

(Haberá que falar cos gobernantes para que muden os festivos que caian en Mércores

). Polo tanto todos teremos que xogar co que traian os Reises...se nos portamos ben (aquí cada un saberá), e non teremos a reunión semanal. Qué facemos, reunimonos para a semana ou pasamola para o Xoves???
Eu estes días, como estou de vacacións

, entrenarei a mediodía: con luz e calor ( de selo caso) polo que é complicado que nos vexamos entrenando.
Espero noticias porque habería que falar quén vai a Xinzo, quén o Galego de Pista Cuberta?, quén vai facer largo?. Seguimos en contacto.