Lun, 24 Xul 2006, 16:56
Asunto:
Boas estiven e participei en individual. A verdade paseino en grande. Pareceume un cto. moi chulo e bonito. Non podo comparalo con ningún outro xa que este e a miña segunda proba, a primeira foi un acuatlón en caldas e tamén o pasei en grande. Xa me picou o gusanillo do triatlón. Sempre lle tiven moito respecto, pero este ano por fin me animei e fun ao grande e dicir a un cuadriatlón.
Dende aquí animarvos a que participedes xa que vendo o estado de forma dos corredores populares e o tipo de carreiras nas que participades iriades máis que sobrados.
Este cuadriatlón foi soamente duro pero nada comparado a carreira de Gondomar coa sufócante calor, alí si que sufrín, e polo que me teñen contado a subida ao monte Aloia tamén lle chegou.
Dicir que non són un bo nadador aínda que o facelo nun río axuda moito tanto para orientarse como para nadar mais comodamente.
O que máis me gustou foi o cto. da bicicleta. no que me subiu adrenalina a tope, cando se baixaba polo casco vello, na última volta xa non tiña case frenos. Tamén contar con un erro de novato ao non repasar o cto. antes xa que na primeira volta perdinme e estiven 15´ dando tumbos polos camiños.
Creo que se notou un chisco que non tiña nin idea de andar en kaiak e parecía que non diferenciaba a dereita da esquerda, pero creo que o final amañeime bastante ben. Non era eu o único que se pelexaba co kaiak.
Por último o sector que mellor me saíu foi a carreira que é o deporte que son menos malo, encontreime descansado grazas a que fixen o kaiak antes e recuperei bastante.
Pareceume un cuadriatlón como dixen antes esixente e poderíase dicir que duro si fixera esa calor aberrante que fixo estes últimos días pero asequible. Non vos digo máis xa que despois aínda saín ata as 7 da maña. E unha compañeira de equipo xa quería ir a correr a Portugal o día seguinte. Dende aqui un saúdo a eses dous superatletas e haber si supermorais se anima pro ano.
Por parte da organización creo que estiveron moi ben e axudáronme en todo aquelo que lles foi posible. Ademáis salientar o traballo dos colaboradores xa que o inicio da proba sin contar coa preparación ea señalización de todo foi as 4:30 ea finalización case as 9 da noite, coa conseguinte recollida do material. E dicir que si alguén se pon como voluntario tense que armar de paciencia. Se houbo confusión nos boxes sería a que non se prestaba a suficiente atención xa que antes de cada proba explicabano claramente. Se cadra podrían haber posto unhas frechas mais grandes nas rúas por que son un pouco corto de vista e pasábame de largo. menos mal que o público xa cho dicía. Con respecto aos que fixerón trampas pois peor pra eles, tanto persoalmente xa que se enganan a si mesmos como deportivamente por non respectar aos compañeiros. Non e culpa da organización que un non sexa persoa. Tamén dicir que sería moi difícil poñer controis pola distancia da proba. Pero que se lle vai facer nunca chove a gusto de todos.
Un saúdo a todos eses cudriatletas.