Mér, 27 Xan 2010, 12:33
Asunto: Re: 12ª Media Maratona Manuela Machado
Como nos teñen acostumados os nosos amigos da organización da Meia Maratona Manuela Machado a proba rozou a perfección, non é só que a organización sexa perfecta senon que se ve que lle poñen moito cariño e empeño, ¡noraboa!
Nesta miña terceira participación despisteime un pouco na saída

, non sabía que a cambiaran de sitio, e saín de bastante atrás

. Pouco a pouco fun collendo ritmo, a pesares do vento que as veces molestaba un pouco. Á volta millor (é un ida e volta) ata aproximadamente o kilómetro 19 (o vento xa non molestaba), ainda que os derradeiros kilómetros fixeronseme moi, moi longos, coincideu con que voltou a aparecer un pouco de vento e ao cansanzo acumulado. Ao final fixen o meu millor tempo nesta carreira polo que rematei contento, ainda que non me gustou o cambio no percorrido, pareceume algo mais duro cas edicións anteriores, iso que o ano pasado disfrutamos dun "estupendo" temporal
Saudiños e ata o ano que ven.