Mér, 27 Xan 2010, 18:08
Asunto: Re: Carrera de la Mujer 2010.
Inicio Camiño do deporte Carreira da muller
Carreira da muller
Carreira popular
Camiño do deporte
Dom, 23/05/2010 - 10:00
Patrocina:
www.carreradelamujer.com A Carreira da Muller comezou en Madrid no 2004, como un circuíto de carreiras populares para mulleres organizado polas revistas Sport Life e Runner's World (Motorpress Ibérica).
Na edición de 2009 integrou 8 carreiras (Málaga, Valencia, Madrid, Xijón, Vitoria, Sevilla, Barcelona e Zaragoza), acadando a cifra de 15.000 participantes. No 2010, o percorrido realizarase en torno a Santiago de Compostela, realizando os derradeiros 6 quilómetros do Camiño, dende o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago de Compostela.
A inscrición de 1 euro de cada participante destinarase á loita contra o cancro de mama a través da doazón á Asociación Española contra el Cáncer (AECC).
A Carreira compleméntase coa dirección de quentamento previo, acompañada de música e coa actuación dalgún artista famoso. Ademais, participarán relevantes deportistas, tanto na campaña de promoción do evento como na carreira.