Mér, 17 Feb 2010, 9:32
Asunto: Re: Atletismo Gallego Cadete
Si non entendin mal, Joaquin está informándonos da proximidade das carreiras. Dúas carreiras, unha o sábado e outra o domingo para as mesmas categorias.
Eso é unha autentica animalada se queremos que os rapaces non se queimen.
De feito este proximo fin de semana vai a ser o campionato galego de pista cuberta para categorias menores e coido que a provincia de Pontevedra nun fixo ningunha competición provincial dese tipo.
Tamén e certo que nas outras provincias, excepto en Coruña se fixeron as competicións provinciais en "pista cuberta", ao aire libre. Non sei que será mellor.
O calendario está sobrecargado nalgunhas épocas do ano. Non dubido das bóas intencións da FGA , pero dame a sensación ás veces dunha descoordinación absoluta entre a FGA e o Deporte Escolar