Dom, 21 Feb 2010, 18:33
Asunto: Re: II Cross Ambiental Concello de Ordes
Cross, coma tal, é o primeiro no que participo, entón non sei como serán outros.
Pareceume un circuito bonito, muy perigoso e, dende logo con moitas subidas e baixadas perigosísimas.
A organización portouse moi ben cos corredores, tan só diron a nota, os municipais que, apostados nunha rotonda, colouselle máis dún coche no medio da carreira e algún de P. civil,(non todos, ollo) que non sei para que carallo se apunta a esta organización pois ademáis de nugalla, se lles preguntas si é por aquí ou por alí, encollense de hombreiros, e non pasa somentes nesta carreira.
Un erro da organización, é, no País da chuvia, facer os dorsais de papel, non sei cantos chegarían con él pero, imaxino que poucos. No último vadeo do regato, estaban varios corredores buscando o dorsal na auga, bueno, o mellor buscaban outra cousa.
No km. 6, por querer adiantar a un corredor, pisei nun charco que había pola esquerda, e non volo perdades, o charco cheo de auga e lodo, dábame pola cintura. Caín de cabeza nun charco e, vos aseguro que o líquido ulía mal e sabía pior; é máis, o chegar a casa, sentinme mal do estómago, con nauseas, e mareos. Non sei si pillaría unha gastroenterite co grolo que lle tuven que mandar involuntariamente no charco que parecía unha poza.
Menos mal que que Eu saiba, ninguen correu con cravos. De ser así, ademas de escarallalos no treito de saida e chegada en asfalto,(Uns 400 m), ó final o correren ó carón do río pola pasarola de madeira, máis de ún, seguro que se quedaba cravado nela.
Felicitar a organización por brindarnos esta espectacular carreira, así coma os foreiros que acuden a disputar o Circuito, Morán, Panzudopobrense, Telmocho, Estremeñeiro, Montxo, Homedenejro e tantos outros.
Somentes pedir que, se pode ser se poñan os resultados
SAÚDOS
Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)
Grelos, sexo, e muiñeira.