Lun, 15 Feb 2010, 20:08
Asunto: Re: Consulta: creación nuevo foro Canicross
Tras case duas tempadas participando nas canicross de Galicia, tanto as que promove Acade ou as que organiza o noso amigo Evarist, picoume a curiosidade de acudir a unha proba da liga nacional fora de Galicia.
Aquí temos a de Rodeiro, que foi hai ben pouco tempo.
Pois ben, veño de correr o canicross de Moralzarzal (Madrid) o dia 14 de febreiro, co meu Todd.
Quedamos no posto 31 en senior na proba da liga nacional.
Carballiño (alias Jocridan), quedou 2º en master 50 co Leo, tamén para a liga nacional.
Aaron, con Maya quedou de 2º en junior na popular de canicross.
Merece a pena acudir a un evento coma este, con mais de 100 cans entre todas as categorias, onde ves razas de todo tipo, moitos boxer, Rhodesian, gosd`atura, border collie, malinois, nórdicos, pastores alemans,labradores, goldens, galgos, rottweilers, dobermanns,mestizos, etc
Eu, que aquí quedo de último en senior, aló quedei pola metade, o que me aporta algo de autoestima e di algo do nivel dos canicrosseiros galegos, como xa se demostrou en Rodeiro, onde non desentonamos nada ante la élite deste mundiño.
Anímovos a participar algunha vez nunha proba de esta categoría, pois a experiencia é positiva.
Vémonos logo en Ordes o dia 21 , onde Maya vai correr de novo co Evarist, e eu co Todd.