Mér, 24 Feb 2010, 17:24
Asunto: Re: II Cross Ambiental Concello de Ordes
Antes de nada miña noraboa ós organizadores. Unha carreira excepcional, eu propoño que selle otorgue a categoría de 'CLÁSICA' entre as carreiras galegas.
Supoño que sempre hai cousas que se poden pulir, os que algunha vez organizamos algún evento ou competición deportiva sabemos que é así, pero para ser a 2ª edición hai que quitarse o sombreiro.
Vexo algúns comentarios acerca da perigosidade do percorrido: eu opino que é o que lle da a esencia a esta carreira.
Ademais, deberíamos de ser o suficientemente prudentes para saber cando se pode arriscar e cando non, pois creo que as caídas poderíanse evitar 'controlando' un pouco nesas zonas perigosas, e aínda así non se está libre de ir ó chan (a min non me pasou, pero pudo pasarme tranquilamente), pero forma parte do encanto da carreira.
É o meu 2º cross, logo do de Boborás (moi guapo, tamén) e estou encantado, paseino de cine tendo en conta a decepción que tiña por suspenderse o duatlón de Candeán. Repetirei sempre que poida. Ó final, posto 15, con 37:15, para ser a carreira que é doume por moi satisfeito.