Xov, 11 Mar 2010, 0:43
Asunto: Re: Campeonato de España de Cross 2010, A Coruña
Creo que necesitaría máis publicidade en todas as partes de Galicia que non fose A Coruña, máis en TV (na galega), máis nos suplementos deportivos dos diarios de maior tirada da comunidade, e de maior tirada local, véxase Diario de Ferrol, El Progreso (Lugo), La Región (ourense), Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, El Correo (Santiago)...etc
Pedindo a colaboración da cidade, dos cidadáns, do público Galego en xeral porque se "pretende" albergar un Cto de Europa. Algo parecido ao que fixeron dende fai 2 anos os da fede de triatlon con votar aos catro ventos que intentarían facer o Cto de Europa... (claro que non temos a un campión do mundo como reclamo...;-) pero bueno.
Bonito circuito, sobre todo na TV, non parecía que facía tan mal tempo coma alí.
Aparcamento...non demasiados problemas...pero din que pouco indicado para os coches se non coñecías a cidade.
Consello para o Público: poden habilitar zonas de paso, con pequenas portiñas entre as cintas, con un xuiz-vixiante-voluntario-organización que deixe/non deixe pasar, segundo o momento das carreiras (entre saída e saída), e así acceder ao interior do trazado.