Dom, 21 Mar 2010, 23:56
Asunto: Re: ESPRINTES INDE NAI - O.R.T. (Ourense Running Team)
Moitas gracias Montxo. Pensei que fora mais rápido pero a verdade é que hoxe me doen as pernas.
Os primeiros 3 kms,(antes da saida) fíxenos a toda ostia porque pensaba que non daba chegado. Non sabía que eran 3 kms. Deixara o coche na ponte que estaba no cruce da carretera de Fonsagrada e, o de P. Civil, díxome que a saida era "ahí mismiño".
Levaba media hora dando voltas por Lugo sin atopar o sitio e, xa daba por perdida a tarde cando vín ós tipiños de P. Civil. Inocente de mín, dixenlle que chamaran po lo pinganillo para que agardaran . Escarallabanse de risa.
Así que pensando que a saida estaría a 200 ou 300 mts., dinlle caña. O malo é que foron 3kms polo que cheguei ben quentiño á saida.
O acabar, e logo de mosquearme seriamente porque non entendo que a estas alturas, moita xente, lle falte ó respeto a outra, colándose, sin nengunha vergoña para unha cousa sin mais importancia que coller unha camiseta ou un bocata
, (imaxínate si tiveran que facer una cola para coller a ración que lles dan ós que teñen a mala sorte de estar en paises pobres, ou nunha situación de catástrofe, ¿matarían ou que?), funme trotando para arriba os tres kms que me faltaban para o coche.
A Amador non o coñezo pero, o resto do equipo Irmandiños estábades casi todos alí. Tí, a Runrunpabli non o vín, a Homedejro e a Irdam vínos moi metidos na carreira. Sodes uns profesionais.
A ver si os Esprintes van saindo pouco a pouco da enfermería e podemos dar a talla verdadeira porque polo de ahora, o seu representante nas últimas carreiras é, por así decilo un sucedáneo.
Un pracer correr con xente como vos, e con Tara, que tamén andaba por alí.
SAÚDOS
Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)
Grelos, sexo, e muiñeira.