Mér, 24 Mar 2010, 18:16
Asunto: Entrenamento novato
Hola a todos!!
Bueno, son novato nesto de correr e tamén no foro, de feito, este é o meu primeiro comentario, así que acepto tódalas correccións, críticas... e demáis
Tampouco sei se debería ir aquí, se isto merece un novo fío, se non movereino a onde sexa ....non sei, vós me diredes, o caso é que vexo xa moito escrito sobre os entrenos que cada un fai, pero quizáis non estea todo iso ó meu nivel, quizáis sexan para algo máis adiante.
Comentovos un pouco: Teño 30 anos e levo un par de meses saíndo a correr, gracias, ou máis ben, por culpa dun colega que me quentou a cabeza.
Bueno...non é que empezase de cero fai un par de meses, senón que sempre fun unha persoa "deportista"

, xoguei ó fútbol ata os 22, deixándoo por unha lesión, e dende entón sempre fixen cousas, desde natación 3,4 días á semana, outras épocas de tenis, e tamén outras nas que me poñía a correr e saía 2,3 ou 4 veces á semana, intercalado todo iso con meses nos que me poñía en plan vago e non facía nada (bueno, teño que dicir que destas ultimas, de vaguerío e sofá houbo bastantes.....

).
O caso é que lembro de pequeno ir a algunha carreira con meu pai, e sempre me quedei coas boas sensacións que me deixara o tema, así que animado por este colega que comento arriba, e co gallo de baixar uns quiliños, probei na carreira de Padrón, e tamén repetimos na de As Pontes, entrenando un pouco, e teño que reconocer, que estou un pouco "enganchado", encántame esa sensación de nerviosismo do comezo, a sensación durante a carreira de que a pesar de correr con moita xente corres contra ti mesmo e o teu corpo, e como non, a sensación de benestar e do traballo ben feito ó rematar.
O problema é que tampouco sei moi ben como entrenar, estou saíndo 2,3 ou incluso 4 días á semana, e gustaríame que alguén me orientase como debo facelo, como debería plantexarme o asúnto para sair a entrenar sobre 3 días á semana, algunha 4 e outras 2 (ASEJÚN

),como combinalos de xeito de saca-lo mellor resultado deles.
Bueno, a finais do ano pasado saía tamén a correr un par de días á semana, ía a nadar e xogar ó tenis de vez en cando e incluso cambiaba as saídas pola elíptica cando chovía moito, e tras unha temporada metendo elíptica, notábame moito mellor despois correndo, a pesares de que saía poucos días a correr.
Agora sen embargo, estou un pouco empecinado co de "correr" e non noto esa mellora de sensacións.Saio a correr simplemente, 2,3 ou 4 días, meténdolle días dende 40´ata 80´, a ritmo baixo, eso sí, pero todo moi ó "TUN TUN", según me dea cada día e según me vaia o corpo.
Así que non sei, gustaríame que me derades consellos para organizarme un pouco, como debería organiza-las saídas, polo que vexo, leo que é moi positivo facer series algún día á semana..., se hai que entrenar con pulsómetro....
En conclusión gustaríame que o pouco ou moito que fago, face-lo o mellor posible, e aínda que hai momentos que teño que frenarme, posto que arrastro aínda unha lesión en forma dunha pequena descompensación pélvica, que me carga máis dun lado, pois espero que o aliciente das carreiras faga que non se quede en algo esporádico que me vaia durar 4 meses.
Bueno, sinto todo este chorizo, saíume un pouco larga a cousa

, saúdos