Ven, 18 Ago 2006, 1:41
Asunto:
Hola Xuco,
Eu tamén me lesionei hai 3 anos do psoas e podoche dicir que a clave para recuperarte esta na "paciencia". No meu caso tardei 4 meses en deixar de ter dores, pero sei de casos de mais dun ano.
Ã? moi latoso de curar e hai que levalo con calma. Os contrastes de frío-calor na zona a min fóronme ben. Logo,moito repouso, e ausencia de actividade brusca ou estiramento na zona da ingle.
Ã? moi frecuente precipitarse e como pasado un tempo non se percibe molestia volver a correr, pero pronto se volve a recaer, e o retroceso é maior.
Eu de ti esqueceria o de poñerme prazos de recuperación, e se podes poñerme en mans dun fisio para que che faga un seguimento.
Espero terche sido de utilidade. Saúdos.