Dom, 28 Mar 2010, 20:39
Asunto: Re: IV PREVIA VIG-BAY - 28/03/2010
Non teño moito que decir que non se dixera xa. Unha mañan perfecta para facer unha Previa ou a propia Vig Bay... sen vento, sen sol, cunha temperatura agradable, sen choiva... con moitos amigos e con bo humor.
Do grupo que me tocou levar (1:45-2:00) teño que decir que foi unha auténtica miragre conseguir que non se desfixera en anacos ata o final de praia América (se quitamos a parella
Irdam/
Khene que iban máis para as 2:00 que para a 1:45). Grupo bastante homoxéneo e que soportou perfectamente o ritmo en torno aos 5' /km. que levamos a meirande parte do percorrido.
Da organización, absolutamente nada que alegar pola miña parte... só pedirlles perdón por esquecer o cambio de hora e chegar xusto para quentar un pouco e comezar a correr... e agradecer o tremendo esforzo de
LinkinPark e
MapleLeafs especialmente, ainda que os voluntarios que tamén aportaron ánimos, augas, fotos, humor e cariño a raudales foron absolutamente impagables
(
Fifthelement,
Pili,
Safardatxo)... e para as nosas cheerleaders especiais un bico enorme
polo seu sentido do humor e os ánimos recibidos ó longo de todo o percorrido (
Ardillaroja e a outra rapaza, que non lembro cómo se chama)
Comentario aparte o "voluntario" do Concello de Vigo que apareceu alí sen que ninguén o chamara e tamén fixo o seu
e papou unha isotónica, ¡¡¡qué carallo!!! ... sería polo esforzo de madrugar