Mar, 30 Mar 2010, 17:57
Asunto: XIX Carreira Popular A Merca 28-marzo-2010
Felicitar á organización por todo o dito: gratuidade, bolsa, avituallamento acertadon antes do descenso, ..
Unha nota: Parece que os ventos desa nova cultura antigalega que emana de Monte Pío, de La Coruña, de Galicia Bilingüe, de Jesús Vazquez, ... chegaron á Merca, a Solveira, Merouzo, Matusiños, Vilar, Vilachá, Proente, e tantos fermosos nomes que enchen as beiraruas do circuito do domingo:
- Nas camisetas: Ayuntamiento de A Merca
- Impresióin nas camisetas: Ayuntamiento de A Merca.
Había ben tempo que non vía chamarlle ayuntamientos aos concellos (alomenos na escrita), salvo claro está en La Coruña.
Espero que o ano próximo non traduzan todo e quede "Ayuntamiento de La Compra".
Sei que non é unha nota deportiva. Sempre valoro o esforzo, singularmente en concellos e pobos coma este, pero nestes tempos estes duros para a lingua, estes detalles non son baladís. Eu sempre contaba coa reserva ourensana, e máxime no meu medio rural. Pero enganeime.
Apertas,