Lun, 29 Mar 2010, 20:11
Asunto: Re: 3 CARREIRA CONCELLO DE OUTES
HOLA AMIGOS MANDOVOS UN SAÚDO A TODOS DENDE O DEPARTAMENTO DE DEPORTES DE OUTES E TENDES QUE PERDOAR POR NON POÑER ANTES A INFORMACIÓN SOBRE A CARREIRA. EU O MELLOR ESTE ANO NON PODO ESTAR ESE DÍA PERO CONTO COA AXUDA DUNHAS GRANDISIMAS PERSOAS QUE VAN FACER QUE TODO SE POIDA LEVAR A CABO O MELLOR POSIBLE E DENDE AQUÍ APROVEITO PARA AGRADECERLLO, ASÍ QUE ANÍMO A TODOS A QUE VOS APUNTEDES E PASEDES UN BO RATO FACENDO DEPORTE.
AQUÍ TENDES O REGLAMENTO(CATEGORÍAS, PREMIOS, FORMA DE INSCRICIÓN, ETC). EU ESPERO QUE TODO SAÍA BEN E QUE DENTRO DO POSIBLE TÓDOLOS ASISTENTES QUEDEN CONTENTOS E DISFRUTEN DA PROBA.
III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OUTES
DATA: Luns 17 de Mayo de 2010
SAÍDA: Praza de Galicia
CATEGORÍAS:
- Masculina:
• Pitufos (2005 e posteriores). 300mts
• Categoría A (entre 2004 e 2002 ambos inclusive). 300mts
• Categoría B (entre 2001 e 1998). 1km
• Categoría C (entre 1997 e 1994). 3km
• Categoría E (entre 1993 e 1985). 10km
• Categoría H (entre 1984 e 1974). 10km
• Categoría K (entre 1973 e 1964). 10km
• Categoría P (nados no 1963 e anteriores). 10km
- Feminina:
• Pitufas (2005 e posteriores). 300mts
• Categoría A (entre 2004 e 2002). 300mts
• Categoría B (entre 2001 e 1998). 1km
• Categoría C (entre1997 e 1993). 3km
• Categoría R (entre 1992 e 1982). 10km
• Categoría T (entre 1981 e 1970). 10km
• Categoría X (nadas no 1969 e anteriores). 10km
HORA DE COMEZO: comezo da 1ª carreira de 300mts será as 10:30h, a carreira de 1km as 10:40, a carreira de 3km as 10:55 e o comezo da de 10km sobre as 11:30h.
INSCRICIÓNS: ata o xoves 13 de maio (ata as 14:00h).
BASES XERAIS
Organiza: Departamento de deportes do Concello de Outes.
e-mail: deportes @ outes.es
Persoa de contacto: Lorena Lorenzo (620724285), Bujan (649467778), Nº do Pavillón (981850748).
Patrocina: Concello de Outes
Colabora: Coca Cola, Protección Civil de Outes, Policía Local, Guardia Civil e demáis voluntarios.
1) Formas de Inscricións Web de Championchip:
www.championchipnorte.com
- Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip dirixídevos ao teléfono: 982 816 884 (incidencias.registro@championchipnorte.com)
- Aceptaranse inscricións ata o xoves 13 de Maio ata as 14:00 h.
- Limite de inscricións: 500 participantes.
- Datos obrigatorios para as inscricións: NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do Clube (se o ten) e Licencia federativa (se ten) e deberá indicar se pertence o Concello de Outes para puntuar nos premios locais.
- As inscricións sen datos obrigatorios ou fora do prazo fixado tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas non serán admitidas.
- As inscricións son totalmente gratuitas.
2) Recollida de dorsais e Chips, saída e meta:
- Para a recollida de chips (só as categorías que o utilicen: nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km) deberase deixar un aval, que neste caso será algún documento identificativo propio ou o dun familiar (DNI, carnet de conducir, de moto). Os documentos serán recuperados unha vez se devolva o chip ao rematar a carreira.
- Dentro do campo de fútbol, no pavillón poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Non se darán dorsais nin chips fora dese prazo para facilitar a xestión das carreiras. Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a dos máis pequenos (300 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
3) Premios:
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km)
- Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10Km)
- Trofeo para o primeir@ de outes nas categorías: pitufos, A, B, C.
- Non haberá premios económicos.
- Os trofeos non serán acumulativos.
4) Percorrido :
- Carreira de 300 metros: terá lugar arredor do campo de fútbol.
- Carreira de 1Km (1.000 metros): saída da praza de Galicia, dirección calle doctor Esperante, rúa de Compostela, calle de Conchido ata praza de Galicia.
- Carreira de 3Km (3.000 metros): terán que dar 3 voltas ao circuito de 1Km.
- Carreira de 10 Km: saída e meta na praza de Galicia, o percorrido levarase a cabo polas rúas e pistas do concello.
5) REGULAMENTO
1. O departamento de Deportes do Concello de Outes será o organizador da III carreira pedestre de Outes.
2. O concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
3. Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalo ou doblalo e quedando ben visible o número.
6. Nas carreiras de 1KM, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometrase electrónico, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais) para poder recuperar o documento identificativo que se deixou como aval na súa recollida.
¡ É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP !.
7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuizo da organización cometa algunha irregularidade, será descalificado.
8. A saída da 1ª carreira será as 10:30 e discurrirá arredor do campo de fútbol de Outes, as demáis carreiras pasarán polas diferentes rúas e pistas do concello. A carreira de 10 Km está previsto que teña a saída as 11:30.
9. Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comenzo da proba. E os horarios son os seguintes:
- carreira de pituf@s: 10:30horas.
- categoría A: 10:35 horas.
- categoría B: 10:40 horas.
- categoría C: 10:55 horas.
- categorías restantes (carreira de 10km): 11:30 horas.
10. A organización establece as seguintes categorías :
- Categoría masculina
Pitufos (do 2005 e posteriores) 300mts.
Categoría A (entre 2004 e 2002 ambos inclusive) 300mts.
Categoría B (entre 2001 e 1998 ambos inclusive) 1Km.
Categoría C (entre 1997 e 1994 ambos inclusive) 3Km.
Categoría E (entre 1993 e 1985 ambos inclusive) 10Km.
Categoría H (entre 1984 e 1974 ambos inclusive) 10Km.
Categoría K (entre 1973 e 1964 ambos inclusive) 10Km.
Categoría P (nados no 1963 e anteriores) 10Km.
- Categoría femenina
Pitufas (do 2005 e posteriores) 300mts.
Categoría A (entre 2004 e 2002 ambos inclusive) 300mts.
Categoría B (entre 2001 e 1998 ambos inclusive) 1Km.
Categoría C (entre 1997 e 1993 ambos inclusive) 3Km.
Categoría R (entre 1992 e 1982 ambos inclusive) 10Km.
Categoría T (entre 1981 e 1970 ambos inclusive) 10Km.
Categoría X (nados no 1969 e anteriores) 10Km.
11. As categorías e o circuito estarán expostos dentro do pavillón. A Carreira de 300 metros será para as categorías pituf@s e categoría A; na categoría B será de 1Km; na categoría C será de 3 Km e para o resto das categorías serán 10 Km.
12. Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado.
13. A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
14. Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba".
15. O acompañamento ós corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descalificación.
16. O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 45 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
17. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados, todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.
18. Os trofeos non serán acumulativos.
19. A entrega de trofeos está prevista para as 13:00 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.
20. Os corredores poderán utilizar o pavillón para asearse despois da carreira.
21. Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.
22. Polo ben de todos, rógase ós participantes, acompañantes e demáis público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara ós compañeiros, público, organización e a proba en xeral.
23. Limite de inscricións: 500 participantes.