Lun, 19 Abr 2010, 18:04
Asunto: Re: III Carreira e Andaina Concello Paderne de Allariz
Bonita carreira. Precioso recorrido polos montes de Paderne. Para min tamen estaba bastante ben sinalizado, e sobre todo pareceme un detalle moi bo que estibesen os km sinalizados, pois supoño que non lles seria moi facil de medir, vendo por donde nos foron metendo (non entendo como outras carreiras moito mais curtas e de asfalto, moito mais faciles de medir non marcan os km)
Era o meu estreno nunha carreira de monte-montaña e salin moi contento pois disfruteina moito, xa que sain a un ritmo moi conservador por non saber o que me ia atopar e porque o dia anterior fora O Corgo e tiña medo de quedar tirado no monte, jeje.
Felicitar a organizacion polo traballo que fixeron, ainda que dous detalles:
- Da un pouco de rabia ir ca idea de que son 16 km e encontrarte con que o final son 18 (xa sei que foi culpa do tempo, pero da rabia igual)
- Para proximas ediccions tratade de ter auga suficiente para todolos participantes nos avituallamentos, pois eu nos primeiros dous nin a cheirei, "xa se acabara".
Polo demais penso que todo bastante ben.
Un saudo, e para o ano casi seguro voltarei a Paderne de Allariz.