xabi escribió: |
coido que non ten moito sentido debatir entre Xalo-Truchillas. ¿que resulta mais duro? Ahí se queredes debatimos, pero abrimos outro fío. saúdos e "longa vida a carreira do Xalo" |
monchodepelejrino escribió: |
"En xeral destacouse o bo traballo da organización nas sinalizacións, aínda que en determinados puntos recomendouse ser máis coidadosos de cara a outras edicións. Tamén foron moi valorados os tres puntos de avituallamento dispostos ao longo do monte, e sobre todo o pincho gratuito final para os participantes." A ver se eu fun a outra carreira e non me enterei...non quero ser demasiado critico, pero penso que algunha critica constructiva hay que facer neste caso, xa que parece que todo foi casi perfecto e non foi asi... - "O bo traballo da organizacion nas sinalizacions..." Se tan bo fose non se terian perdido varios participantes, moitos deles que iban en cabeza - "...e sobre todo o pincho gratuito final para os participantes" Deberiase comentar tamen que a llegada dos participantes o unico que nos esperaba era auga do grifo, e eso tamen hay que mencionalo, porque despois de mais de duas horas de carreira para moitos participantes pareceme moi grave que non haxa un bebida isotonica, nin unha peza de fruta o chegar a meta, (os tigretons estan moi ben para a andaina pero non para a carreira) tendo en conta que se pagaron 10 € de inscripcion. Onte fun a Tebaida Berciana, e dende logo toca moito que mellorar con respecto a esta carreira, ca misma inscripcion de 10 €, e con servicio de crono. Non poño en duda o traballo da organizacion pero cando se cometen erros e mellor reconocelos e plantear solucions para proximas edicions. |