Dom, 25 Abr 2010, 20:06
Asunto: Re: 25 de Abril -IV Carreira Popular Costa da Morte en fiste
Pois a min tamén me sorpendeu o percorrido, porque as referencias que se leeran aquí eran de "case chan"
E bueno... non foi o Cross Ambiental de Ordes, pero chan tampouco era!
O meu Geonauta marcoume 9,5 km, non sei se alguén máis que correra con gps ou footpod ben calibrado quere indicar o que lle saleu... por curiosidade, nada máis.
O meu balance: contento coa carreira en xeral, agás o tema das duchas
pero parcialmente compensado polo servizo de fisio... unhas rapazas moi amables e que sabían cómo calmar as miñas perniñas; e razonablemente contento co meu resultado (43:33, a 4:35/km, bastante peor das últimas carreiras anteriores con 4:18/km) tendo en conta que levaba un mes fastidiado das rodillas, cambiando o entreno por bici, e con dúbidas de poder correr ata mesmo onte. Dou grazas por poder correr e acabala ben.
Encantado de coñecer a Jabato
un placer quentar contigo, colega... e aínda que por sorte para ti non o soubeches, vinte toda a carreira despois... ías diante, claro jajajaj Seguramente tí fixeches un tempo na liña do que esperabas, pero eu empeorei algo, ademais de sufrir un pouco na segunda volta. Noraboa pola carreira que fixeches e xa nos veremos noutras, seguro!
E agora... a esperar, coma en tódalas ocasións nas que está o Correo Galego polo medio... pois nada, esperamos e se fai falla mercamos o periódico, pero seguide promocionando deporte en xeral e carreiras populares en particular. Grazas tamén a vós.
Pois nada... noraboa aos que vos achegastes a correr Fisterra, e saúde e sorte para todos en xeral.