Lun, 31 Mai 2010, 9:16
Asunto: Re: CAMPEONATO GALLEGO SPRINT ORI 2010
Estupenda proba a organizada polo clube "Habelas Hainas" na cidade olívica este pasado sábado!
Dous matices a destacar que non son habituales e, por elo, me sorprenderon gratamente:
Por un lado o feito de celebrar dúas probas en sesións de mañán e tarde...sobre todo tratándose da modalidade sprint (20-30 minutos de competición). Deste xeito parece como si se "rentabilizara" mellor o desplazamento. Carreiras sprint, unha en terreno de parque, balizas doadas, navegación sen grandes problemas. Personalmente disfrutei da proba.
A da tarde, por zona urbana, ben artellada, con zonas do casco vello e zonas do peirao de trasatlánticos, que tamén me satisfizo.
O outro detalle que utilizou a organización foi a posibilidade de ir vendo os resultados provisionales "on line", deste xeito dáselle un puntiño de suspense unha vez que se vai rematando cada proba. O seguinte paso, como decía un dos organizadores: poñer os tempos provisionales en pantalla xigante.