Foros ›
II Andaina Da Comarca Da Limia (2010)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
jlcboado

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Abr 2010, 21:25
Asunto: II Andaina Da Comarca Da Limia (2010)



Un ano máis, a Asociacion Cultural Traslasxas organiza a II Andaina Da Comarca Da Limia co fin de coñecer a nosa comarca.

A Andaina será o Domingo 30 de maio as 9:30 con saida de Boado ( Xinzo de Limia )
A Cota de Inscrición será de 9€, incluindo avituallamentos e xantar
As datas de inscrición serán do 10 ao 27 de maio ( ambas inclusive )

A inscripcion poderase realizarse en:

- Bar FENTOS Rúa do Toural- Xinzo de Limia

- Bicicletas DA CUNHA Rúa do progreso 75 ( frente Diputación )- Ourense

- Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 0046 0233 05 0000501510 que a Asociación Traslasxas ten na sucursal de Banco Gallego facendo constar no concepto de ingreso o nome/s e apelido/s dos participante/s.

- Tamén te podrás inscribir mandando un correo a traslasxas @ gmail.com indicando o teu nome e apelidos, e pagando o dia 30 xusto antes de comezar a andaina.


Teléfono de Contacto: 678703192
Correo Electrónico de Contacto:
- traslasxas @ gmail.com
- admin @ traslasxas.com
Web: http://www.traslasxas.com/



Ruta da Andaina. Click para ver en grande dende google maps.




Para mais información sobre a andaina estar atentos a nosa web



Última edición por jlcboado o Mér, 26 Mai 2010, 18:59; editado 6 veces
jlcboado

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Abr 2010, 19:37
Asunto: Re: II Andaina Da Comarca Da Limia

Cambio da fecha da Andaina para o día 30 de mayo
asueto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/09/09
0 Carreiras
546 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Abr 2010, 21:43
Asunto: Re: II Andaina Da Comarca Da Limia

Vaya, ahora coincide con la media de Betanzos, me va a tocar perderme la andaina Triste

Saludos,

Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com

Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.
jlcboado

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Mai 2010, 20:19
Asunto: Re: II Andaina Da Comarca Da Limia

PRESENTACIÓN

A II ANDAINA DA COMARCA DA LIMIA constitue unha iniciativa que permite non sólo ofrecer á poboación un especial atractivo para a práctica dunha actividade vinculada á natureza e a saúde, como o sendeirismo ou o “turismo ecolóxico”, senon que supon un instrumento de impulso do desenrolo rural sostible, potenciando a diversificación económica e a dinamización social do medio rural, permitindo chegar a aquelas áreas cuio acceso por outros medios resulta complicado.

Como ben reflecte nos seus estatutos, a Asociación Traslasxas pretende por en valor os recursos ( naturais, etnográficos e culturais) da aldea dende a que traballa pasando polos do concello ó que pertence así coma da comarca da Limia en xeral.
Para elo entende que este tipo de actividades, as cales necesitan pouco aporte económico e moito esforzo persoal, serven para o aproveitamento de estas infraestructuras naturais para que todos os seus beneficios repercutan no conxunto da poboación, tanto do pobo de Boado coma do Concello de Xinzo , creando unha infraestructura de ocio e de vertebración do medio rural, xenerando actividad económica local e desenrolo endóxeno, e logrando, en definitiva, un maior acercamento da cidade ó mundo rural.

1.- ORGANIZACIÓN
A proba está organizada pola ASOCIACIÓN TRASLASXAS de Boado ( Xinzo de Limia)

2.- INSCRICIÓN
Poderá realizarse en:

- Bar FENTOS Rúa do Toural- Xinzo de Limia

- Bicicletas DA CUNHA Rúa do progreso 75 ( frente Diputación )- Ourense

- Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 0046 0233 05 0000501510 que a Asociación Traslasxas ten na sucursal de Banco Gallego facendo constar no concepto de ingreso o nome/s e apelido/s dos participante/s.

- As datas de inscrición serán do 10 ao 27 de maio ( ambas inclusive )

- O número máximo de participantes é de 200.No intre de alcanzar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións.

- O prezo é de 9 euros.

- Información: traslasxas @ gmail.com e Tlf. 678 70 31 92

3.- SAÍDA
Farase dende o Cruceiro de Boado na data sinalada, ás 9:30 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba pra recoller os dorsais.
Haberá indicacións para chegar a Boado dende a autovía A52 ( Saída 188.Abavides-Xinxo de Limia) e dende a Nacional 525.

4.- ROTEIRO
Ten un percorrido aproximado de 20 kilómetros.
Estará convintemente sinalado, para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con frechas de cor azul e cintas de señalización de cor vermello-blanco para que non haxa ningunha posibilidade de perda.
A proba terá unha dificultade baixa polo que é apta para camiñantes de todalas idades.

5.- AVITUALLAMENTO
Ó longo do percorrido haberá varios puntos de avituallamento ( todavía por concretar) que constarán de barriñas enerxéticas,fruta,auga e refrescos.
Ó remate da proba haberá un pequeno xantar a base de empanada, bocadillos variados, postre e bebida

6.- SORTEO DE AGASALLOS
Ó remate do xantar sortearanse entre todolos participantes agasallos relacionados co mundo do deporte e do sendeirismo.

7.-RECOMENDACIÓNS :
Gorra ou viseira.
Crema solar
Utilización de calzado adecuado segundo a meteroloxía ( recoméndase bota de montaña xa que hai carreiras que soen ter auga hasta o vrao).

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
Calquer tipo de incidencia que suceda durante a proba ( abandono, lesión etc.) comunicaranse á Organización personalmente ou a través dos teléfonos que constan nos trípticos que se facilitarán.

RESPONSABILIDADES:
La organización declina toda responsabilidad en caso de accidente o negligencia. Los participantes exoneran a la organización de toda responsabilidad en caso de accidente o lesión.
jlcboado

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Mai 2010, 15:18
Asunto: Re: II Andaina Da Comarca Da Limia (2010)

Ruta da Andaina. Click para ver en grande dende google maps.


jlcboado

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/10
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Mai 2010, 20:07
Asunto: Re: II Andaina Da Comarca Da Limia (2010)

Agora tamén temos dispoñible o Rexistro Online Para A Andaina!!!!

O pagamento desta realizarase o propio día da andaina antes de comezar.

Mais informacion en www.traslasxas.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos