Lun, 28 Ago 2006, 12:56
Asunto:
Hola a todos.
Estaba "buceando" no foro cando me atopei con este "suculento" tema. E digo esto porque ademais de corredor popular, son membro da organización dunha carreira, e pódovos dicir que temos tido discusións e discusións sobre o tema das categorías.
Entendo perfectamente a postura que manteñen
lemond19 e
Raposo. Ã? (ata certo punto) inxusto que teñas que competir con xente maior ca ti (no caso dos xóvenes) ou menor (no caso dos veteranos). Pero non debemos esquecer a qué nivel nos estamos movendo, e é o de organizacións que están ó límite das súas posibilidades económicas e organizativas. Si, entendo que non é xusto, pero a economía (si, soa materialista, pero desgraciadamente é o que hai) oblígate a tomar decisións. Así, temos tramos de idade nos que a participación é extremadamente baixa (falo de un máximo de 3 participantes) polo que necesariamente tés que ampliar ditos tramos para que non sexa tan gravoso para o presuposto. Neste senso, entendemos que debe primar a maioría sobre a minoría.
Despois tamén hai que ter en conta a tipoloxía de carreiras da que estamos a falar, e é a de carreira popular. Persoalmente creo (e a asociación á que pertenzo tamén) que o importante deste tipo de carreira é fomentar o deporte e, aínda que sexa unha obviedade, levar á máxima expresión o refrán que di que
o importante é particpar.
Creo que é preferible ter algunha que outra categoría menos e que o conxunto da carreira estea mellor organizado, se atenda mellor ó corredor (a todos), se fomente a participación e o espíritu deportivo.
Para o outro, xa temos as competicións oficiais e da Federación, que teñen as súas subvencións e incluso cobran os seus cartos, cousa que non facemos as organizacións culturais e deportivas.
Nós fomentamos o deporte, non facemos negocio con el.
Saúdos.