Lun, 10 Mai 2010, 11:26
Asunto: Re: VII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino
lestrove escribió: |
gacelita escribió: |
Eu creo que os das camisetas non as colleron dos nervios pre-carreira... que xa non atendedes á xente!!! que vos falan e non facedes caso!!
Consello para os que non se deron conta de collela... podedes irlle chorar a Lestrove e Derek, e que decidan eles se vola dan, que seguro que a moitos vos coñecen e a xente isto non o fai de mala fe, senon porque é un recordo precioso, a verdade... |
A noite xa falo eu con Derek,haber que facemos co asunto das camisetas.
Polo de pronto Xan,Fonvigo,Torby e Monchodepelejrino están sin elas.
E logo Gacelita,faláchesme e non che correspondín........porque é raro que Lestrove non che faláse.Ademais non caio quen eres. |
Hola Lestrove, eu non cheguei a falar porque non sabía quen eras..
, ata que alguén comentou agora no foro que eras o das banderolas da curva pechada do camiño, que lembro que ías animando e dicindo á xente que a modiño coa curva... que se o chego a saber fago as presentacións na mesma curva e ó trote borriqueiro sen ningún tipo de impedimento.
Eu ía e vou sempre pola metade pa baixo, e fun variando, primeiro pasamos tres ou catro, dos cales todos eran homes menos eu que son muller, despois un grupo de mozas... en fin, variando os grupos, según como se prestaba o momento...
Nas próximas que vaia e vos recoñeza me presento, porque xa teño escoitado a xente chamarse cos apodos nas carreiras. Como eu levo pouco tempo indo (case un ano, aínda que non chega) e imos sempre dúas, e ás veces 3 ou 4 persoas xuntas, e xa falamos entre nós, pois claro, xa non se ve un na soidade do momento, polo que persoalmente non coñezo a moita xente. De calquera xeito cada vez vexo máis caras que me soan de outras carreiras e digo, mira, este foi a tal e este grupiño estivo en cual...
En xeral eu pouco poido aportar que teña sustancia atlética ou organizativamente falando porque non teño moita idea salvo as miñas experiencias e o que vou lendo ou falando e que podo levar á práctica no meu caso, pero gústame opinar porque paréceme unha pasada o que sodes capaces de facer toda a xente que organizades estas carreiras, a experiencia enorme que tedes de tantos anos e kms enriba, a ilusión que se pon en todo, o contenta que vai a xente (que o pasa de medo), e como unha persoa coma eu, que nin imaxinou que ía correr en carreiras, pode facelo de balde ou case de balde (porque o que se cobra certamente non son cartos) e que á xente tanto lle teña que a unha lle leve 5 min/km ou máis ou menos.
Axundan moito estas carreiras xa que os que levamos pouco tempo necesitamos motivarnos co todo o que se poida, porque nunha destas te entra a pereza e deixas de sair a correr... e o que se mellora, aínda que sexa 1 sg / km, queda como un logro moi persoal e unha grande satisfacción e máis grande da facelo con moita máis xente que fai o mesmo.
En resumo, eu, que son profana neste mundo,
ABRAIADA quedo cada vez que podo asistir a unha carreira sexa onde sexa...