Dom, 24 Xan 2010, 20:57
Asunto: II CARREIRA POPULAR DE AMORÍN
El domingo 30 de mayo, se celebrará en Amorin (Tomiño), la II Carrera Popular de Amorín, Organizada por la Asociación Veciños de Amorin, la Concejalía de Deportes del Ayuntamiento de Tomiño y el Club de Atletismo de Porriño.
Las pruebas deportivas, empezarán a las 11:00 horas y se desarrollarán en diferentes zonas de la parroquia.
REGULAMENTO DA II CARREIRA POPULAR DE AMORÍN - TOMIÑO
1-A Asociación de Veciños de Amorín, coa colaboración do Excmo. Concello de Tomiño, organiza a “II CARREIRA POPULAR DE AMORÍN”, que se celebrará o día 30 de maio de 2010, a partires das 11:20 horas, diante da igrexa parroquial de Amorín, no Concello de Tomiño.
2-Dado o carácter popular da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade.
3-Se os participantes teñen Licencia Federativa de atletismo en vigor ou ben seguro deportivo, pregamos nolo fagan saber, posto que para os participantes non federados a organización disporá dun seguro específico de accidentes para esta proba.
3-As inscricións poderán realizarse ben a través do correo electrónico da Asociación de Veciños avdamorin @ gmail.com, ben (páxina web) ata o día 27 de maio como máximo para a proba absoluta, permitíndose o mesmo día da proba unicamente inscricións de rapaces ou rapazas de categorías menores (ata xuvenil, inclusive), media hora antes do inicio da carreira.
4-Nas inscricións farase constar o nome, apelidos, data de nacemento, número de Licencia ou Seguro Deportivo (de telo) e lugar de procedencia. As inscricións son de balde.
5-A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
6-Polo simple feito de participar, os corredores e corredoreas aceptan todo o reflexado neste regulamento.
7-Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións da Casa do Pobo, a carón da igrexa de Amorín.
8-Entregaranse trofeos (medallas) ós tres primeiros nas categorías de menores, ós tres primeiros da carreira absoluta e os tres primeiros de cada categoría de veteráns (non acumulativos), en ambos sexos. A entrega de trofeos realizarase unha vez finalizadas todas as carreiras.
9- Categorías, orde de saída e horarios.
CATEGORÍA DATA/ANO NACEMENTO
PITUFOS (H/M) 2005 E POSTERIORES
PREBENXAMÍN (H/M) 2003-2004
BENXAMÍN (H/M) 2001-2002
ALEVÍN (H/M) 1999-2000
INFANTIL (H/M) 1997-1998
CADETE (H/M) 1995-1996
XUVENIL (H/M) 1993-1994
ABSOLUTA (H/M) 29/05/1975 ATA 1992 (INCL.)
VETERÁNS A (H/M) 30/05/1975 ATA 29/05/1965
VETERÁNS B (H/M) 30/05/1965 E ANTERIORES
CATEGORÍA DISTANCIA HORA
CADETE-XUVENIL (H) 3.256 M (1 VOLTA PEQUENA + 2 VOLTAS GRANDES) 11:20
INFANTIL (H) / CADETE-XUVENIL (M) 1.876 M (1 VOLTA PEQUENA + 1 VOLTA GRANDE) 11:40
ALEVÍN (H) / INFANTIL (M) 1.380 M (1 VOLTA GRANDE) 11:55
ALEVÍN (M) / BENXAMÍN (H) 992 M (2 VOLTAS PEQUENAS) 12:05
BENXAMÍN (M) 496 M (1 VOLTA PEQUENA) 12:15
ABSOLUTA - VETERÁNS (H/M) 6000 M (2 VOLTAS CIRCUITO VETERANOS) 12:20
PREBENXAMÍN (H/M) 300 M APROX. 12:45
PITUFOS (H/M) 100 M APROX. 12:55
10-Todo o non recollido neste regulamento, resolverase polo Comité Organizador dacordo coas normas vixentes de competición da RFEA e o Manual 2010 da IAAF.
O Comité Organizador
Última edición por amorin o Lun, 03 Mai 2010, 22:56; editado 3 veces
circuitoveteranos-2010.jpg
|
Descrición:
|
|
Nome do arquivo: |
circuitoveteranos-2010.jpg |
Descargado: |
6694 veces |