Ven, 21 Mai 2010, 9:52
Asunto: Re: Duración do Circuíto para próximas tempadas
admin, ahí vai a miña opinión, meditada e recapacita:
Exercín o meu dereito a voto e optei pola opción de Setembro a Xuño polas seguintes razós:
1º- os organizadores do circuíto necesitan desconectar posto que toda-las tarefas vencelladas ó mesmo acarrean moitas horas do seu tempo libre invertido neses menesteres.
2º-Sendo obxetivo, todo-los corredores, incluídos eu mesmo, necesitamos un descanso ó longo do ano, aínda que tan soio sexa 1 mes.
No circuíto 2008/2009 fumos moitos os que sobrepasamos a cifra de
52 carreiras no ano i eso non pode resultar beneficioso pra saúde. De feito, a medio/longo prazo repercute en lesiós e molestias contínuas, dígovolo por experiencia propia.
Que si prescendimos de Xullo e Agosto moitas carreiras clásicas coma Baiona, Noia,etc...quedan fora, unha mágoa, pero si o decanso se programase noutros meses acontecería o mesmo con outras probas.
O que si coido que temos que valorar a conciencia é que Setembro resultaría un mes importante pra ser incorporado posto que se celebran entre outras as 2 únicas maratós de Galicia a día de hoxe (Miño e Penedos)
En canto a outros temas (nº de carreiras máximas e tipo das mesmas) millor non falar nist "post", senón liámonos.
Unha aperta