Lun, 24 Mai 2010, 11:15
Asunto: Re: Carreira de Rois 2010
Era a segunda edición que corría esta carreira, e como xa facía uns anos que non iba, xa non lembraba que, a pesar de ser curta, é duriña de ...arallo!!.
Encima, o calor e a humidade, fixeron que sufrise dabondo. Aínda que, como decía yomismo, alí sufreu do primeiro ó último.
Felicitacións á organización, sendo un exemplo de como con poucos medios e sin grandes complicacións, se pode facer unha carreira para aqueles corredores que o único que buscan é pasar unha tarde agradable facendo aquelo que lles gusta: correr.
Un dorsal, un percorrido perfectamente delimitado, unhas augas, uns trofeos e unhas camisetas. O demáis xa corre por conta dos corredores.