guti290971 escribió: |
Boas. na carreira de O Pino (chovía moito, e o camiño estaba enlamado ) sentin unha dor inusual, se cadra por usar zapas moi gastadas, pois as novas as reservaba para Ferreirúa o dia seguinte. O caso e que levo dende aquela cunha dor moi grande na planta e no talón do pe dereito, e me molesta para camiñar en frio, para entrenar, e por descontado para competir. En Ferreirúa fixen un digno papel na popular, pero hoxe en Amorín, nunha carreira cortiña, non fun quen de aguantar o ritmo de 4:20 de Oliveira, chegando a 4:56 a meta. ¿ terei que facer reposo absoluto ? O medico recetoume unha pomada de piroxicam, pero non me alivia nada. Tampouco o ibuprofeno. ¿ que me recomendades, pois estou apuntado a Esgos ? ¿alguén pasou por esta dor e me pode decir canto pode tardar en pasar? |