Mar, 01 Xuñ 2010, 16:20
Asunto: Re: I Carreira popular concello da Estrada
Queridos foreiros:
Podo informarvos xa que a " I Carreira Popular Concello da Estrada "disputarase o día 27 de Xuño, a partir das 10 da mañán.
A proba terá a saída e a chegada situada na praza do concello, o recorrido terá unha distancia de 6.5 km, que se completaran dando tres voltas a un circuito urbán.
Contarase cas seguintes categorías:
- Pitufos/as : de 3 a 5 anos-- 100 metros
- Benxamíns/as : de 6 a 8 anos -- 300 metros
- Infantís : de 9 a 12 anos -- 1 km
- Cadetes : de 13 a 15 anos -- 2.5 km
- Juveniles : de 16 a 19 anos-- 6.5 km
- Promesas: de 20 a 29 anos-- 6.5 km
- Senior : de 30 a 36 anos -- 6.5 km
- Veteranos : de 36 anos en diante -- 6.5 km
Entregaránse medallas conmemorativas a todolos participantes nas categorias de Pitufos, benxamins e infantís ( non haberá trofeos para estas categorías )
Levarán trofeo os tres primeiros/ as de todalas seguintes categorías, asi como os tres primeiros corredores/as locais.
Contarase cun avituallamiento líquido e solido ó remate da proba para todolos participantes, asi como camisetas conmemorativas ata fin de existencias.
Todolos corredores disfrutarán tamén de pinchos e refrescos o remate da proba como cortesía dalguns colaboradores.
Recorrido:
Saída da praza da constitución pola rua Serafín Pazo ata a praza de Galicia, donde se desvía pola rua Capitan Bernal ata a Avda. de America, donde se tomará a 3ª Avda de America para sair a Rua Anton Losada Dieguez, seguindo pola rua Gradín ata a Praza da Feira donde se tomara a Rua Anton Losada Dieguez , desviandonos pola Trav. Anton Losada para sair a calle Irida que nos leva de novo a praza da Constitución completando así unha volta. O perfíl do percorrido é casi na súa totalidade chan.
Inscripcións:
Prazo: dende o 1 ata o 23 de Xuño ( non se admitirán inscripcións fora de prazo)
As inscripcións poderanse facer no "mesón A Vila", no concello, ou nos teléfonos :
986 180 315 ( Mesón A vila)
649 704 472 ( Marcos)
637 831 435 ( Angel )
facendo constar: nome , apelidos, fecha de nacemento , localidade, e clube ( si se ten)
A Inscripción e totalmente gratuita.
Os dorsais poderanse recorrer o día antes no meson "A Vila" ( Avda. Benito Vigo, nº 13 ), ou o día da proba ata media hora antes do comenzo da misma.
Un saudo, esperamosvos na Estrada