Lun, 14 Xuñ 2010, 21:55
Asunto: Carreira de montaña de Sanabria.
Onte domingo. 13 de xuño asistín xunto con dous compañeiros corredores ourensáns á carreira de montaña de Sanabria. Por primeira vez a proba era puntuable para o campionato de montaña de Castela e León...seguramente grazas a éso se publicitou bastante ( ó menos o bastante para que eu me enterase) pero o certo é que xa van por un montón de edicións.
As paraxes polas que corremos son de unha beleza extraordinaria...e a carreira en si de unha dureza igual ...pero dado que "nada mais" que eran 21 Km. é unha das carreiras que deixo anotadas no meu calendario particular...relativamente preto de Ourense (saindo ás 7:30 sobrounos o tempo) para ser de montaña; con unha boa participación e un nivel mais que aceptable (non vimos nin de lonxe ás gacelas), unha gran organización, un percorrido á vez técnico e moi duro...baixadas de pedras húmidas ideais para despeñarse a pouco que un relaxaba a cancentración, pero tamén interminables subidas nas que resultaba pouco menos que imposible non botarse a camiñar...e entre todo eso, as poucas veces que levantamos a vista do chan unha paisaxe preciosa co lago de Sanabria ó fondo.
Creo que co que vos estou contando, a todos aqueles ós que vos "tira" a montaña se vos estarán poñendo os dentes longos. Non é para menos. Ademais ó finalizar agasalláronnos co unhos pinchos e unhas bebidas nun refuxio de montaña con vistas ó Lago. En fin unha carreira mais que recomendable e na que seguramente o próximo ano estaremos moitos galegos.