Sáb, 19 Feb 2011, 22:45
Asunto: Re: Club Atletismo Tui
Ola de novo;
Despois duns meses de duro traballo e adestramentos para poñernos a rodar nesta nova andaina do club, novos atletas, escola deportiva, busqueda de axudas, patrocinadores, o Club Atletismo Tui, xa conta cunhas instalacións, horarios de adestramentos, adestrador e escola deportiva de atletismo para os máis pequenos.
O próximo obxectivo será organizar a vindeira Carreira Popular San Telmo de Tui, que se levará a cabo o sábado 30 de abril, coincidindo cas festas de San Telmo en Tui, a partir das 17:30 horas e cun percorrido 100% urbano, polo que vos invitamos a todos a participar e do que teredes máis inforamción nas próximas datas.
Tamén podedes seguirnos en:
http://clubatletismotui.wordpress.com/
Saúdos e bo deporte