Dom, 27 Xuñ 2010, 11:53
Asunto: Re: II Carrera Popular Círculo Mercantil de Vigo
Alguén con trebello deses GPS pode dicir a distancia aproximada???
Aparte do desfase da distancia prevista, a carreira gustoume, atopeina divertida con tanto tipo diferente de terreo, incluso correndo entre tumbonas de piscina

, je je e bastante duro sobre todo nas zonas "cross" coas suas subidiñas (Un día de inverno este ciruito pode ser bestial)....... Fun ó meu ritmo despois da paliza de Celanova de onte, e , para variar,
non sain fogueado (dedicado a
Tara), senón a un ritmo constante e que puidera aguntar toda a carreira e finalmente conseguin o obxectivo que non era outro que rematar e non mancar un nocello (tiven un amago pero aguantei a vertical,

je je je). Pola miña parte non necesito mais para correr, circuito delimitado, dorsal e un auga á chegada (e a maiores neste caso un bo sitio para aparcar

). Lástima que hoxe coincidira con mais probas porque sería interesante para que a coñecera xente doutros lugares, vale a pena correla. Polo dito anteriormente maioria de foreiros da zona (
Cachofoucellas, Linkinpark, Moussambani, Joanotra, Canido, Bareixa, Montxo, Fonvigo, Beauvais, etc ) con algunha incorporación algo mais lonxana (
Igor, OscarOurense).
Saudos para todos e a seguir dandolle zapa os que vaian a Leiro
Se eu puiden, ti tamén...