Ven, 18 Xuñ 2010, 10:00
Asunto: Re: ¿MEAÑO 2010?
Ola a todos.
Efectivamente, a Asociación GAM, tras 25 marabillosos anos, deixa de organiza-la CARRIERA POPULAR DE MEAÑO. Esta decisión tomouse "oficialmente" en marzo deste ano, se ben xa estaba en mente desde antes da edición pasada.
O ano pasado organizámola porque queríamos chegar á 25 edición, organizar a exposición fotográfica, e tratar de facer algo novo, aínda que toda a novidade se quedara só no folleto.
¿As causas?
Pois a pesares do que poidades pensar, non son económicas. Por sorte sempre contamos coa colaboración de casas comerciais moi fieis e subvencións (sobre todo do Concello) suficientes para organizar a carreira. As causas son a falta de xente na asociación. Actualmente somos 9 socios, dos que só 3 nos implicamos realmente na carreira (a nivel de toma de deicisións). Temos familia e traballos ós que xa non lle podemos quitar máis tempo. E non hai relevo xeneracional (este mal é común hoxe en día).
A organización da carreira pasou de ser un traballo que facíamos con esforzo, pero con ilusión e ganas (cando éramos máis), a un traballo sin máis, que costa máis esforzo e se fai "por obligación".
Creemos que esta non é forma de organizar nada. Así que mellor retirarse e estudiar outras opcións (porque queremos á carreira como se de un fillo se tratase, e gustaríanos que seguira, e seguira medrando).
FUTURO.
Despois da decisión de non seguir coa organización, propuxémoslle ó Concello de Meaño asumi-la mesma, facendo un exhaustivo estudio de viabilidade, incluíndo entre outras cousas a toma de tempos mediante chip.
Tivemos unha reunión co alcalde para facerlle a proposta e presentarlle o proxecto, e non houbo resposta en positivo ata a semana pasada. É dicir:
O CONCELLO DE MEAÑO ORGANIZARÁ A XXVI CARREIRA POPULAR DE MEAÑO.
Por suposto, desde a asociación darémoslle todo o noso apoio, coñecemento e axuda para que este novo proxecto saia a diante.
Segundo vaiamos tendo reunións para traspasar información e orientar sobre a organización, ireivos informando.
Polo de agora, o que debedes saber e que este ano a carreira organizarase na mesma data, lugar e hora.
XXVI CARREIRA POPULAR DE MEAÑO
Día: 12 de setembro de 2010.
Hora: 11:00
Organiza: Concello de Meaño.
Seguirei informando.
Saúdos.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es