Lun, 28 Xuñ 2010, 12:15
Asunto: Re: I Carreira popular concello da Estrada
Eu quero felicitar tanto a
totti como a
maRKis.puga, polo bo traballo que fixeron en tan pouco tempo organizando esta carreira.
NORABOA . Dende logo o circuito esta moi ben, pois pasamos polas principais calles da Estrada (lastima que non houbese un pouquiño mais de publico, pero bo é).Repito, eu felicitobos, pois penso que o merecedes. Tamen foi un pracer coñecervos persoalmente
.
Evidentemente hai cousas que non estan ben feitas, e outras cousas que non fixestedes e deberiades facer para proximas ediccions, e supoño que alguns as poñeran aqui. Espero que non vos enfadedes polos comentarios, pois supoño que a xente que os poña sera , para que en proximas ediccions non cometades algun falliño que tivestes, ou para tratar de que ainda vos salga moito mellor.
Eu vou decir algunha das cousas que penso se deberian de mellorar:
- O tema dos horarios de saida. Penso que ainda que xa dixestedes que os horarios eran orientativos, pareceme ben que sean orientativos, pero que da hora que poñades, as carreiras salgan con retraso, o que non debe ser e que salgan antes de esa hora, pois tende en conta que algunha persoa pode vir dende lexos contando ca saida para esa hora, e resulta que cando chega xa deron a saida. Eu penso que non se debe sair antes da hora indicada.
-Marcar os kilometros. Penso que e un tema bastante sencillo e que non implica practicamente ningun gasto, e dende logo a moita xente nos gusta que estean marcados para ir controlando o ritmo.
- Avituallamento. Penso que deberia haber dous en vez de un, e de ter que ser solo un eu cambiaria o sitio e pondriao cando se pasa da segunda vez por diante dos cines ou cando empezamos a baixar Calvo Sotelo, pois donde estaba onte situado, a xente xa ben asfixiada de subir a rua Irida, recolle a auga e empeza novamente a subir durante un bo rato, o que dificulta poder beber, ademais a alguns non nos sobraba xa refrescar a boca un pouco antes
.
-Entrega de premios. Esta ben que sea rapida, non como noutras carreiras que te cansas de esperar polos trofeos, pero onte quizas foi un pouco rapida de mais, pois eu e mais o meu compañeiro Carrillo fomos a ducharnos o meu piso( esta a 100 metros da meta), non enredamos casi nada, e cando chegamos de volta a plaza xa empezara a entrega de trofeos, polo cal o que fose a Baiuca cando chegase de volta xa todo teria rematado.
Para min , nun principio todo o demais, PERFECTO. Insisto, non tomedes a mal os meus comentarios nin os que poida facer outra xente, pois polo menos os meus non son con animo de criticar, senon que e para que en proximas edicions as cousas ainda vos salgan moito mellor do que xa vos sairon nesta.
Nada mais, un saudo, e moitas gracias por conseguir facer unha bonita carreira na Estrada.