Mar, 29 Xuñ 2010, 6:50
Asunto: O CALENDARIO DAS POPULARES e a FALTA DE CONSIDERACIÓN
Desde fai uns anos a xeografía galega está moito mellor comunicada por autovías e autoestradas, que fai que en pouco máis de 2 horas poidamos atravesala.
Pois ben, este aspecto, incialmente positivo, que pon ao alcance de tódolos corredores populares carreiras diversas, afastadas, vóltase en contra. Explícome:
- Celanova é un pobo de pouco máis de 2000 habitantes da provincia de Ourense. Gran parte da sua poboación vive con ilusion e ledicia a carreira, "A Carreira" a súa carreira do derradeiro sábado de xuño: desde o máis cativo ata o máis vello da vila tentan darlle todo aos atletas. A organizacion aporta todo o posible: championchip, videos, camisestas tecnicas, cea, e todo o que humildemente ofrece esta vila. Esta edición voltou ser un éxito de participación.
- La Coruña - ten 4 carreiras: unha media maratón, outra que lle chaman 10, outra do Facho e este pasado domingo outra que conmemora a designación da Torre de Hercules como Patrimonio da Humanidade.
Non sei cal delas é a tradicional ou a referencia da cidade, non sei cal é a máis querida ou representativa da cidade.
Sería bó que haxa unha de referencia, nunha data, cunhas características, e despois que se organicen as que se poida ou queira.
Eu teño amigos e coñecidos, e algún atleta de notable nivel que se viu comprometido a ir á prova da Coruña cando lle facía verdadeira ilusión vir coñecer a prova de Celanova.
"Un medio de comunicación escrito de La Coruña que non me apetece nin mencionar (pola sua liña belixerante co País)" organizou a bombo e platillos esta carreira, deulle onte luns 3 páxinas, e foi ademais duna prova moi respetable, unha manobra publicitaria propia.
Esta falla de sensibilidade non pasa só con nós, cos "amigos da carreira de Celanova: xa pasou coa Ferreirua, e con outras carreiras que se ven asoballadas, despois de moitos anos de traballo meritorio e entusiasa por iniciativas advenedizas que non miran para o calenadario, non respectan ao "pequeno".
A loita pola dignidade do diferente, do pequeno, do diverso, do afastado da metrópole, mantennos vivos, fainos máis sabios. O contrario é a lei do máis forte.
Gracias a plataformas coma este foro, os máis débiles, os que non temos xornais ao dispor, non habemos permitir que nos pisen.
Fago un chamamemto público a que antes de se dispor á organización dunha carreira, a xente que está detras comprobe se hai carreiras semellantes ou incompatibles xa organizadas.