Ven, 09 Xul 2010, 7:27
Asunto: Re: Gafas graduadas
as gafas "de ciclista"
co soporte interno para cristais normais (orgánicos) son a mellor opción si atopas un modelo cómodo e que quede ben suxeito pero sin apretar. Hai varias marcas que o fabrican. Incluso pódelas mercar por internet e vas a unha optica e que che poñan un cristais no soporte ese. Sairanche polo precio normal duns cristais dunha gafa normal. Soe ser cómodo pois é pequeno, con apoio axeitado no nariz.
Buscando un pouquiño no jujel, ésto é un modelo con soporte interno para cristais
NON É O MELLOR QUE VIN, só un exemplo. Recordo ter visto modelos dunha marca propia de ciclismo (a que usaba Fernando Escartín
) que eran moi cómodos, con soporte "plástico", e máis compacto.
É para que sepas do que falo.
EDITO: TODAS as marcas de ciclismo teñen modelos que incorporan este tipo de adaptador. Busca en tendas online para informarte e despois mira na túa zona para ver quen traballa este producto.
Hoxe en día fabrícanse cristais con curvaturas altas con zonas laterais sen "visión efectiva" para reducir tanto o peso, mellorar o "centrado" do cristal, como facilitar a montaxe das mesmas na propia gafa. Son cristais máis caros do normal, pero quedan moi ben e non dan tanto a sensación de mareo ou "de moverse todo" como pasaba antes montando un cristal normal (máis plano) nunha gafa curva. A vantaxe de ésto é que
pódelos montar en moitos modelos de gafas de sol de estos de pasta que ese ven agora.
Se tes oportunidade pregunta nun par de ópticas a ver que che ofrecen e se teñen algún modelo para probar. Non é un producto especialmente complicado de conseguir, pero quizáis deberías preguntar en lugares donde vexas algo máis que "ofertas" no escaparate e parezan xente que sabe do que fala.
-- Chámame "ghose"