Lun, 26 Xul 2010, 11:31
Asunto: Re: Medio Maratón Ibercaja Cidade de Vigo
Tendo en conta que:
- 2009 foi a primeira edición
- Dia de cans absoluto: choiva, vento, frio..
- Disque erros de medición.
... a mín o percorrido gustoume moito, moito. Penso repetir.
Coma todo na vida, ten aspectos subxectivos inevitables: A área de saida/meta, diante do Real Club Nautico é o espazo compartido co Peirao de Altura, onde ducias de miles de galegos - entre eles moitos familiares - buscaron sonos e vidas mellores en Cuba, Arxentina, Brasil, Estados Unidos. ...
Percorre tamén o peirao de peixe fresco máis importante de Europa. Achégase ao barrio - no seu día concello propio - de Bouzas, visita os estaleiros históricos galegos. ...
A entrega de chips e dorsais facíase no Hotel Bahía, ese icono turístico para os nenos dos anos 70, todo un símbolo dun Vigo en desenvolvemento.
E todo isto cun percorrido moi plano e rápido.